20
Abr

AS STARTUPS NA INNOVACIÓN SOCIAL

Normalmente cando pensamos en  startups as conversacións viran arredor da tecnoloxía, modelos escalables ou roldas de financiamento, pero poucas veces se fala do papel fundamental que poden ter como ferramenta do cambio tanto noutras compañías coma no ámbito social.

Características estruturais dunha  startup

As  startups normalmente están dotadas de estruturas flexibles, áxiles, dinámicas e moi prácticas, o que lles permite chegar moi rápido a resultados tanxibles, que aínda que non sexan perfectos si son minimamente funcionais. 

Tamén se adoita dar o caso de que dominan algunha tecnoloxía coa que se pode obter algún tipo de beneficio ou cubrir unha necesidade detectada nos usuarios.

Ademais do anterior e como di a propia definición de  startup, adoitan ter unha elevada capacidade de crecemento.

As  startups dentro de grandes organizacións

As estruturas das  startups son  súper útiles, por exemplo, para grandes organizacións que están condicionadas polo seu propio volume e a inercia que este xera, o que tende a retardar os procesos de innovación, sobre todo no momento do desenvolvemento.

Se se consegue xerar o espazo de traballo axeitado e establecer equipos internos que se entendan con ditas startups, pódense conseguir grandes resultados xa que son dous modelos que se poden complementar moi ben.

As  startups por unha banda poden traballar con todo o  know  how da organización máis grande, o que é fundamental na definición das necesidades e no  testeo dos primeiros mínimos produtos viables. Por outra banda, a gran organización adquire un coñecemento moi actualizado sobre unha tecnoloxía moi concreta, o que lle permite desbloquear posibles desenvolvementos e polo tanto chegar moito antes a solucións.

As  startups no ámbito social

Se o levamos ao ámbito social, estas estruturas son perfectas para adaptarse a diferentes contextos e necesidades dunha forma áxil, redeseñando os produtos en función do feedback dos usuarios e chegando moi rápido a solucións funcionais.

Desde hai 4 anos colaboramos co grupo social ONCE en diferentes proxectos relacionados co mundo da innovación e vemos de primeira man o impacto que están a ter algunhas startups na vida diaria das persoas cegas ou con problemas de visión. 

Con esta experiencia tamén nos demos conta de que hai moito por facer no mundo da inclusión, o que por unha banda é moi negativo para os usuarios pero por outro é unha enorme oportunidade para moitas  startups que poden xerar un impacto moi positivo na vida de moitas persoas.

A ONCE leva tempo traballando niso e o próximo 23 de abril presentará na  CDC de ONCE en Madrid, dentro de  tifloinnova, a segunda edición do Reto ONCE Innova emprendedores, unha gran oportunidade para todas as  startups que queren facer deste un mundo mellor.

Desde aquí animamos a todas as  startups que nos seguides a que entredes na web do reto e que lle botedes unha ollada aos ámbitos de actuación, xa que estamos seguros que tedes moito que achegar nos mesmos.

Leave a Reply