Persona como elemento central en la publicidad
13
Abr

A persoa como elemento central na publicidade

Hoxe imos adentrarnos un chisco no mundo da publicidade. Todos somos consumidores e na sociedade actual vémonos invadidos por centos e incluso miles de impulsos publicitarios diarios: a radio cando imos no coche a traballar, o xornal cando paramos a tomar o café, o taboleiro publicitario que hai frente a oficina, o flyer que che dan en man cando vas cara o coche, os marcadores dos prezos con descontos/promocións no supermercado, a tele ó chegar a casa… e ata en Facebook cando te conectas pola noite antes de deitarse.

Todos estos estímulos, ademais dos que recibimos de forma normal no noso día a día (semáforos, saúdos doutras persoas, unha fochanca que temos que esquivar, un sinal co que non queremos tropezar…), fan que cada vez prestemos menos atención á publicidade, por moi invasiva que sexa, directamente a ignoramos.

Ante esta situación, non son poucas as empresas que optaron por levar a cabo estratexias de publicidade moi agresivas. Aquí temos moitos exemplos en Internet, onde podemos ver páxinas web infestadas de banners, sliders ou pestanas emerxentes que aparecen e desaparecen e as que so lles faltan as luces de neon 🙁 Non, iso non nos gusta… igual que non nos gustaba que a nosa nai nos metese as espinacas con calzador en cada comida (jeje).

Por estas razóns, a publicidade e a comunicación dunha marca debería centrarse no realmente importante: as persoas. Ó fin e ó cabo, a publicidade é unha ferramente que unha marca emprega para transmitir unha mensaxe, se o fas mal e dun xeito agresivo vasme a transmitir que eres unha marca “cansina”, se o fas ben, ofrecéndome cousas que me gustan, farás que me interese por ti e incluso teña presente na miña mente a túa marca cando precise algo do teu ámbito.

Por iso hoxe quero traervos un exemplo de comunicación dunha gran marca que, adaptándose á cultura do público obxectivo e xogando con elementos identificativos do entorno, conseguiu chamar a atención dos consumidores e formar parte dos seus temas de conversa, dun xeito positivo.

Trátase de Apple. Ata fai uns anos antes de inaugurar as súas tendas, cubríaas totalmente cun mural negro co logotipo da súa mazá. Pois ben, pensaron que poderían mellorar a estética e agradar ó público obxectivo da zona de inauguración adaptándose á súa cultura e ós seus gustos. Hoxe en día contamos con diferentes exemplos, o primeiro que vos ensino é o máis próximo a nós, coa apertura da Apple Store en Barcelona, crearon un mural modernista inspirado nos mosaicos que podemos ver no Parc Güell 🙂

App-store-pase-de-gracia-bcn
Esta outra, en Hangzhou (China), albergaba un mural creado por un importante calígrafo moderno que presentou un poema escrito fai 2000 anos no que se festexaba a importancia desa cidade.

App-store-hangzhou

E tamén en China, o pasado ano, en Chongqing, xuntou a un fotógrafo e a unha pintora para crear xuntos un mural que representara dita cidade e a forma de ser das súas xentes. Podedes ver o making off onde explica e en que se basaron para facelo no seguinte vídeo.

Como vedes, un simple mural é un elemento de comunicación e, ben empregrado, pode ser moi útil para a empresa de cara a amosar os seus valores e facernos ver, como neste caso, que pensan no público ó que se dirixen, teñen en conta as súas características particulares e empatizan con el. Porque, ó igual que no Design Thinking, en publicidade (e en case todos os ámbitos), o centro do noso traballo debería ser a PERSOA 🙂

Leave a Reply