Análise do usuario

Ofrecemos servizos de investigación de mercados baseados en metodoloxía cuantitativa e cualitativa para coñecer as necesidades dos usuarios.

Análise Cualitativa

Utilizamos técnicas de investigación cualitativa como focus groups, observación participante ou entrevistas en profundidade para facer unha análise do mercado, grupo ou consumidor. Mentres que a investigación cuantitativa permítenos coñecer que pasa, a investigación cualitativa axúdanos a comprender por que pasa, profundando nas necesidades, actitudes, motivacións e desexos do noso público obxectivo.

Análise Cuantitativa

Dentro as técnicas de investigación de mercado podemos distinguir entre técnicas cualitativas e cuantitativas, que nos axudan a analizar un contexto, problema ou situación preguntando directamente ás persoas implicadas. A través dun estudo mediante enquisas podemos obter información representativa sobre o noso obxecto de estudo que nos axude a xerar solucións adaptadas ao noso target e replicables en públicos similares.

Tecno-antropoloxía

Utilizamos técnicas propias do campo da antropoloxía para profundar na análise social e cultural do público obxectivo. Algunhas técnicas propias da antropoloxía social e da antropoloxía cultural, como a etnografía, axúdannos a entender mellor o contexto no que innovamos.