Bob dylan nobel literatura
26
Out

Bod Dylan e o nobel de Literatura

E o premio Nobel de Literatura é para…

O pasado 13 de outubro erguémonos cunha das noticia que máis balbordo causou este ano, tanto en redes sociais coma en presa, a elección de Bob Dylan como premio Nobel de Literatura.

Os premios Nobel, outorgados pola fundación Nobel desde 1901, recoñecen anualmente a persoas ou institucións cuxas investigacións, descubrimentos ou contribucións son ou foron importantes para a humanidade nas categorías de Física, Química, Medicina, Paz, Literatura e Ciencias económicas. Estes premios levan o nome de Alfred Nobel, un enxeñeiro sueco que se fixo famoso por inventar a dinamita. No seu testamento ordeonou crear un fondo coa súa fortuna para premiar ós maiores expoñentes nos campos citados anteriormente.

Según esta fundación, Bob Dylan merece o premio “por ter creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción”.

Bob Dylan e o Design Thinking

bob-dylan-premio-nobel-literatura-2

Os que viñestes ós nosos obradoiros xa saberedes por que escribimos este post no blog de Designthinking.gal, pero para os que non volo explicamos a continuación.

A figura de Bob Dylan para nós representa moito máis que un cantanto ó uso ou un compositor, é un narrador, un inconformista que quixo cambiar o mundo ou un storyteller brillante. Representa ademais o exemplo perfecto de como aplicar de forma exemplar o pensamento lateral no mundo da palabra e á hora de crear historias. Para mostra este xenial corte do documental “No direction home” de Martin Scorsese (co que se realizou recentemente o anuncio dun coñecido banco) no que Bob Dylan invéntase novas palabras dun xeito improvisado, aplicando de maneira maxistral a técnica do brainstorming á linguaxe.

Aínda así, credes que ten sentido entregar o premio Nobel de literatura a un cantante?

Nós cremos que si, sobre todo se nos remontamos ó insight dos premios, á orixe dos mesmos. Alfred Nobel era un enxeñeiro, inventor e, aínda que non é coñecido por isto, tamén poeta.

Como tal estamos seguros de que sería unha persoa innovadora, con planteamentos disrutivos para a súa época e que pensaba fóra da caixa. Polo tanto vería totalmente normal premiar a un cantante con esta distinción, axudando así a derribar os compartimentos estancos nos que vivimos e facilitando que a xente poida ver, na época da internet, que todo está interconectado. Á fin e ó cabo a obra de Bob Dylan non deixan de ser historias que narran, dun xeito brillante, un momento histórico e que ademais están acompañadas de música.

Leave a Reply