Como hackear o noso cerebro. Creatividade
Quen quere ser creativo? Estaría case seguro que de todo o mundo respondería si a esta pregunta. Pero o como logralo é algo un pouco máis confuso, pois o termo creatividade é habitualmente definido de moitas formas diferentes e, como xa explicamos no noso post “a creatividade e a innovación”, acostuma a ser entendida dun xeito erróneo.
No post de hoxe ímonos centrar en como potenciar a creatividade desde o punto de vista científico aprendendo trucos para “hackear” o noso cerebro.
Deixaremos atrás o cliché dos dous hemisferios do cerebro, o creativo e o estruturado, que pese a ser falsos nos axudan a entender como funciona este órgano tan complexo e a comprender que podemos exercitalo e melloralo naqueles aspectos que nos fagan mellores.
Comezamos entón por salientar as partes do cerebro máis activas na creación de ideas, a cortiza prefrontal. Esta parte do cerebro céntrase en atopar solucións e combinar ideas ou conceptos doutras partes do cerebro para facer conexións entre elas.
Fonte: Wikimedia
Por outro lado no nosos cerebro temos a Rede Neuronal Involuntaria (RNI) que son unha serie de rexións do cerebro que están conectadas e activas durante a maior parte das horas que estamos espertos e que se centran no que as persoas facemos con moita asiduidade, cousas como obsesionarnos con nós mesmos, pensar sobre as cousas do pasado e o futuro, pensar no que dirán de nós, etc. Céntrase en todo menos no que está pasando no momento, o aquí e agora.
Fonte: Wikimedia
Con esta información na cabeza podemos facernos unha viñeta mental a modo de ilustración das dúas partes do cerebro interfirindo unha coa outra.
Condicións para un bo proceso creativo
De forma xeral, nos procesos creativos hai 3 cousas que se teñen que cumplir e debemos facer: saturación, aillamento e aplicación de técnicas de creatividade como a bisociación ou o pensamento lateral.
1- Saturación: ter unha gran cantidade de información e sobre todo gran interese no que se está a facer. Sería todo o que engloba a fase de investigación consciente.
2- Aillamento: xerar un ambiente coas mínimas interferencias posibles que minimice a actividade da RNI. Tanto a nivel físico do entorno, como a nivel físico e psíquico persoal.
3- Bisociación ou aplicación de técnicas de creatividade que nos axuden a xerar novas ideas.
Destas 3 patas, centrarémonos na que máis dificultades presenta, é altamente persoal, difícil de controlar e máis influencia ten nos equipos debido ó seu carácter neurolóxico e involuntario: o aillamento.
Tips para aprender a hackear o noso cerebro
Se queremos mellorar a nosa capacidade creativa debemos xerar o mellor contexto posible que nos permita focalizarnos no que queremos, é dicir, debemos minimizar a actividade da RNI. Para isto existen unha serie de actividades, exercicios e incluso trucos que nos axudarán a logralo. É o que poderiamos definir como hackear o noso cerebro. Aquí van unha serie de consellos para isto:
–Tómate o tempo que precises. A nosa meta ten que ser alcanzar o chamado “estado de Flow”. Ese estado ocorre cando estamos tan inmersos nunha actividade que parece que o tempo voa e desfrutamos do que estamos a facer. Por norma xeral as persoas acostuman a alcanzar o flow despois dos 90 minutos de actividade. Para máis información sobre o estado de flow recomendámosche ver a TED talk de Mihaly Csikszentmihalyi donde nolo describe como o secreto da felicidade.
–Medita. Practicar a meditación non só diminúe a actividade da RNI mentres o estás a facer, tamén cando no estás a meditar. Dito doutro xeito, a meditación axúdanos a xerar un interruptor para a Rede Neuronal Involuntaria.
–Camiña. Como Nietzsche dicía: todas as grandes ideas son concibidas camiñando. Camiñar é unha actividade que nos axuda a relaxarnos e sobre todo osixenar o noso corpo e cerebro. Canto mellor sexa a respiración mellores resultados obteremos.
–Come pouco. Nin que dicir ten que grandes cantidades de comida nos farán estar pouco centrado e con nula capacidade de concentración. Atopa a dieta que mellor se adapta ó teu gusto e coa que mellor te sintas.
–Date unha ducha. Este hack ben poderiamos usalo de dúas formas diferentes. Unha ducha quente axudaranos a liberar dopamina. A dopamina comezará a circular pola nosa sangue e setirémonos mellor, máis relaxados, provocando así a liberación de endorfinas polo torrente sanguíneo.
O outro método aínda que algo máis brusco, é unha ducha fría, destas que cortan. Esta liberará o noso cerebro, e con isto a nosa RNI, de todos os seus pensamentos trascendentais e introspeccións, para focalizarse na necesidade física corporal. Poderiamos consideralo equivalente ó reinicio dun PC.
–Durme. Necesitamos durmir para descansar, pero durmir vai moito máis alá. O noso cerebro traballe mentres durmimos e, o máis importante, cando soñamos. Estes procesos xeran asociacións remotas e enlaces entre diferentes datos que a nosa mente durante o día non é capaz de facer.
Existen moitos outros hacks e cada un funciona dun xeito diferente en cada situación e para cada persoa. O ideal é que atopes o teu propio método ou rutina e o adaptes ás diferentes circunstancias. Porque xa se sabe que cando falamos de creatividade, “todo vale”.
Bibliografía:
Brogan, J. (2012). When being distracted is a good thing. Boston Globe.
Colzato, L. S., de Haan, A. M. y Hommel, B (2015). Food for creativity: tyrosine promotes deep thinking. Psychological Research, 79(5),709-14. doi:10.1007/s00426-014-0610-4.
Jung, R. E., Mead, B. S., Carrasco, J. y Flores, R. A. (2013). The structure of creative cognition in the human brain. Frontiers in Human Neuroscience, 8. doi:10.3389/fnhum.2013.00330
Kaufman, S. B. (2013). The Real Neuroscience of Creativity. Scientific American.
McGreevey, S. (2011). Meditation study shows changes associated with awareness, stress. Harvard gazette.