Como potenciar a nosa creatividade
Como xa temos comentado noutras ocasións neste blogue, como por exemplo cando desmontamos os mitos que rodean á creatividade, esta ten un compoñente innato, que todos temos, ó que podemos favorecer e axudar a través dun cambio de actitude, exercicios e, sobre todo, boa disposición.
No post de hoxe traémosvos unha serie de dinámicas e xogos que axudarán ó voso potencial creativo. Explicarémosvos, paralelamente, por que estes exercicios funcionan e debemos tomalos en serio. Antes de comezar debemos dicir que é fundamental que, para aplicar calquera destes xogos, esteades nun ambiente propicio e coa predisposición necesaria. Alá imos!
1. AUTORREFLEXIÓN. Antes de abordar calquera proceso creativo teríamos que facer unha reflexión interna sobre nós mesmos. Ao abordar un problema, do tipo que sexa, deberiamos tomarnos uns minutos para preguntarnos: que ferramentas teño eu para resolver este problema? Que recursos necesito? Que é o que se me da ben? Tendo unha panorámica das nosas capacidades e habilidades, así como das nosas limitacións, saberemos como afrontar o problema, e dicirlle ó noso cerebro que se prepare para divertirse, porque vai facer algo que lle gusta ou vai aprender algo novo que debe saber enfocar. Nos permite, polo tanto, poder enfocar de forma consciente o problema desde distintas perspectivas.
2. EXERCICIOS DE FOCALIZAR. Podemos emplear exercicios de visualización, que preparen ó cerebro para recoller a información máis remota que temos na memoria, así como que active as posibles redes neuronais que imos emplear e cree novas conexións. Como o facemos? O primeiro é tratar de relaxarnos, respirando profundo, pechando os ollos ou estando nun ambiente tranquilo.
Posteriormente, empezaremos imaxinando un lugar recoñecible ou imaxinado que nos transmita tranquilidade, unha praia, unha montaña, calquera lugar perdido. Imaxinando a localización, trataremos de describila con máximo detalle: que vemos ó noso redor. Cando teñamos recreada a situación, pasaremos a recoñecer e imaxinar os sons. Que escoitamos? Que sonidos recoñecemos? Unha vez “quentado” o oído, analizamos que podemos sentir, ¿frío ou calor?, ¿é suave ou rugoso? E, finalmente, centrarémonos no olfato. A que ole? Con este exercicio estamos a conectar os nosos sentidos coa información remota da nosa memoria e a nosa capacidade de percepción de estímulos. Conseguimos que o noso cerebro estea máis aberto á información indirecta do problema, aqueles inputs dos que non somos conscientes e nos poden aportar moito na proposta de ideación.
3. TRABALLAR A BASE DA CREATIVIDADE. Pensadores como Guildford ou Wallas presentaron, entre outros, os 4 rasgos principais da creatividade. Actualmente estas foron ampliadas segundo diversos estudos, pero imos traballar aquelas aceptadas de forma xenérica. Estas son a flexibilidade, fluidez, orixinalidade e elaboración, podemos traballalas cos seguintes exercicios:
– Enumerar os usos posibles dun obxecto físico, nun tempo determinado, por exemplo: dun clip, dun peine, dunha bombilla… Un tempo óptimo son 3 minutos, pero podedes axustar máis ou menos segundo o perfil do usuario. Desde modo traballamos a capacidade que temos de dar moitas ideas. Podemos completar o exercicio categorizando as ideas propostas, traballando así a flexibilidade. Nun futuro seremos capaces de identificar inicialmente as categorías e profundizar dando ideas dentro delas.
– Enumerar elementos suaves da nosa contorna ou as distintas formas de comer spaghetti. Neste caso traballamos de forma similar ó caso anterior, pero en lugar de dar un obxecto estamos a plantexar un problema. Deste modo, é máis aberto e permitimos atopar conexións máis orixinais e traballar mellor as liñas de pensamento da flexibilidade.
– Conectar obxectos. Tomamos dous obxectos da nosa contorna, ao azar, e tratamos de encaixar un con outro, dándolle sentido e atopando unha aplicación. Por exemplo, unha botella e un teléfono móbil, podemos crear un altavoz, pensaremos que elementos debo incorporar, mellorar, modificar… neste exercicio traballamos como podemos levar a idea á súa consecución e que sería necesario. Seguindo o exercicio, repetimos con outras solucións posibles, indo do máis común ó máis “orixinal”. Canto máis tempo esteamos máis conexións obteremos. É importante completar o exercicio poñéndolle nome a cada creación, así o noso cerebro esforzarase en darlle coherencia á idea.
– Como non, o test dos 30 círculos. Unha das dinámicas máis empregadas en sesións de creatividade, para quen non o coñeza pode atopar máis información na charla TED de Tim Brown (2008). As instrucións son sinxelas, dada unha folla con 30 círculos iguais, debes empregar o maior número deles posible nun tempo de 3 minutos. A información que verte este test, ten que ver en como nós abordamos a creatividade. Segundo sexamos persoas que traballemos máis a fluidez, a flexibilidade, a orixinalidade ou a elaboración, manifestaremos un modo distinto de abordar o exercicio. Podemos ver, segundo as respostas dadas, cantos destes círculos poseen unha mesma liña de pensamento, cantas solucións nunha mesma comos capaces de dar, e como de orixinais e elaboradas son.
4. PENSAMENTO LATERAL. O noso querido pensamento lateral de Edward De Bono, do cal falaremos noutros post posteriores. Agora tomaremos algúns dos seus exercicios que nos propón no libro “62 exercicios para exercitar a mente” (2008). Con eles buscamos mellorar as nosas conexións cerebrais e traballar os pensamentos ulteriores (aqueles que existen, pero dos que non somos conscientes, que atopamos no fondo do noso pensamento).
– Emparellar: comezaremos facendo dúas listas de catro palabras cada unha, podemos tomar oito palabras calquera, tomadas ao azar (podes coller un libro e abrir por unha páxina tomando as palabras), é importante que non se escollan previamente. Unha vez divididas en dúas listas, temos que emparellar palabras da lista A coa lista B, creando conexións en base a un criterio lóxico e describindo como sería.
– Argumento: tomamos de novo catro palabras aleatorias, debemos crear unha historia con elas de entre catro e oito liñas. Crear microrrelatos axúdanos a conectar diversas partes do noso cerebro e practicar a escritura creativa, unha das formas de potenciar a creatividade máis útil e empregadas.
– Titulares: empregando de novo catro palabras, débense crear diferentes slogans publicitarios incluíndo polo menos dúas das palabras. Con este exercicio estableceremos conexións, co obxectivo claro de “vender algo”, polo que debe ser atractivo, rítmo e conciso. Traballando a nosa capacidade de profundizar nunha idea.
Como vedes existen multitude de exercicios diferentes que poden axudarnos a potenciar a nosa creatividade, podedes empezar por aqueles cos que vos sintades máis cómodos e, pouco a pouco, ir traballando con eses exercicios que vos resultan máis complicados. Veredes como nun breve espazo de tempo melloraredes a vosa capacidade creativa. 😀