fbpx

Consultoría en Design Thinking

Innova nos proxectos da túa organización, empresa ou startup a través do Design Thinking acompañado do noso equipo multidisciplinar!

Cando falamos de Consultoría en Design Thinking, estamos a falar de involucrar ó noso equipo e traballar de xeito activo nun proceso de co-creación cos nosos clientes e usuarios. Como cada proxecto é diferente, realizamos unha análise previa e facemos un exercicio de contextualización, o que nos permite coñecer mellor o sector, adaptándonos ás características e posibilidades dos nosos clientes.
Investigamos, analizamos, aportamos solucións, creamos un plan estratéxico e favorecemos o espazo axeitado para a innovación empresarial, organizacional, educativa ou social, sempre desde a empatía co usuario. Deste xeito verás as cousas desde o seu punto de vista, pero facendo que sexan viables para a organización, tanto a nivel técnico como económico, o que aumentará as posibilidades de éxito e posibilitará o aforro de custos.
O noso equipo multidisciplinar, composto de enxeñeiros en deseño, psicólogos empresariais e sociais, comunicadores e analistas, ten a experiencia e a capacidade para aportar valor en calquera fase do proceso de deseño, podendo levar a cabo:
A investigación de mercados
análise do usuario
A definición dos insights
O proceso creativo
O prototipado
O testeo
O desenvolvemento tecnolóxico
A comunicación do produto, marca ou servizo
Con máis de 15 anos de experiencia implementando a metodoloxía do Design Thinking, desenvolvemos proxectos de innovación para organizacións do sector industrial, marketing, saúde, servizos, agroalimentario, educativo ou social. Durante este periodo afrontamos retos moi diversos, desde o deseño de servizos, experiencias ou produtos, ata o redeseño de procesos, proxectos de transformación dixital ou xestión do cambio.