Cultura de Innovación

Cultura de Innovación

A innovación é un proceso que nos axuda a atopar solucións ás necesidades que temos como especie. Cando ese proceso se leva a cabo dentro dunha organización, é importante ter en conta aspectos que van moito máis alá dun proxecto en cuestión e que teñen que ver coa cultura da organización. 

Dentro desta cultura son claves as persoas, as relacións entre elas, os seus comportamentos, as súas emocións, os procesos que levan a cabo, as súas habilidades ou as súas capacidades.Esta cultura pode axilizar e potenciar un proxecto ou frealo en seco, por iso é un aspecto clave para poder innovar. Como dicía Peter Drucker: “A cultura cómese á estratexia no almorzo”.

Queres cambiar a cultura de innovación da túa organización?

Contáctanos

Como desenvolver unha cultura de innovación?

Para desenvolver unha cultura de innovación, é necesario traballar a nivel de sistema, entendendo moi ben a todas as persoas que participan no proceso, ao propio proceso e as barreiras que interveñen no. Todo parte de que exista un propósito compartido en toda a organización e un liderado transformacional que aposte por este cambio de cultura.

Para coñecer a esas persoas, as barreiras da organización e descubrir o seu propósito compartido, en Designthinking.gal realizamos procesos ad hoc de análisis de usuario a través de investigacións cualitativas e/o cuantitativas. Ademais do anterior, estes procesos de investigación, axudan a incrementar o sentimento de pertenza coa organización e a identificar os talentos internos que non están localizados.

En base a ese propósito compartido, débese de construír unha estratexia de innovación, a cal definirá tanto os obxectivos como as accións para chegar a eles. Esta estratéxica de innovación recomendamos que se realice a través de procesos de co-creación.

Neste sentido, é moi importante que a innovación se traduza en resultados, que se democratice, aproveitando deste xeito todo o coñecemento interno, e que se poña en valor. Pola contra quédase nun ente etéreo que non é entendible e xera frustración e rexeitamento nos equipos.

Para conseguir isto e que sexa sostible, en designthinking.gal apostamos por procesos de innovación inclusivos, polo prototipado rápido a través das ferramentas procedentes do movemento maker e polo coñecemento compartido que ofrecen as comunidades de innovación.

Queres cambiar a cultura de innovación da túa organización?

Contáctanos

conferencia innovación saude 

Conferencia – O feedback do usuario para a innovación en saude

No evento Kit Saúde falamos da importancia do feedback para innovar no sector da saúde e de como utilizalo para...
Read More
 

Unir – Programa online en direción e xestión da innovación

A través de proxectos reais e experiencias propias, achegamos ao alumnado o mundo maker e axudámoslle a visualizar a súa...
Read More
 

Conferencia – Como deseñar servizos legais a través del Design Thinking

Esta charla tivo lugar dentro do XII Congreso Nacional da Avogacía, celebrado en Valladolid. Nela falamos da innovación centrada nas...
Read More
 

Cooperavirus – Plataforma para a xestión e desenvolvemento de material sanitario

Debido á crise orixinada polo coronavirus e o incremento no número de contagios, o 14 de marzo de 2020 decretouse...
Read More
Skip to content