Curso de Design Thinking avanzado – Aplicación a proxectos reais dos alumnos
Tras unha semana onde os participantes puideron asimilar e interiorizar a metodoloxía, chegamos á segunda xornada do curso de Design Thinking avanzado, onde aumentamos a dificultade, tanto na parte de pensamento creativo coma na aplicación da metodoloxía.
Tras activar o cerebro explicamos que é isto do pensamento lateral e algunhas técnicas que nos permiten potencialo. En concreto centrámonos nas analoxías, unha ferramenta moi últil que nos permite innovar dun xeito diferente e que nos ofrece múltiples camiños. Para traballar estas novas ferramentas e axudar ó pensamento lateral, realizamos unha serie de actividades onde saimos da caixa e desfrutamos do mellor da nosa sede, o entorno natural.
Unha vez rematamos a posta en práctica das analoxías, fixemos un pequeno descanso para coller impulso para todo o que viña.
Despois do coffee break, falamos dunha serie de ferramentas moi útiles para analizar @ usuari@, como son o Mapa de empatía, Shadowing, Persona ou Customer Journey Map. Para a posta en práctica desenvolvemos varias actividades que combinamos con técnicas de pensamento lateral que explicamos previamente.
A continuación puxemos enriba da mesa os proxectos que estaban levando a cabo @s alumn@s e tras unha votación, decidimos cales serían os tres que se traballarían con maior intensidade ata o final do curso. No proceso de votación valorouse moito que cada proxecto tocase un ámbito diferente de actuación e de tipoloxía, así finalmente seleccionouse un produto, un servizo e unha experiencia, deste xeito @s participantes terán unha visión máis ampla da metodoloxía e aprenderán a aplicala en diferentes ámbitos.
Acto seguido formamos tres grupos interdisciplinares e con interese no proxecto a desenvolver e puxémonos mans á obra. O primeiro paso foi aplicar a ferramenta de personas para identificar ó noso público obxetivo. Unha vez feito isto definimos os insights do proxecto e comezamos a propoñer ideas para solucionalos aplicando tanto as analoxías como as técnicas aprendidas durante a primeira xornada.
Se xa normalmente nesta fase hai moitas dificultades, desta volta viuse reforzado xa que eran proxectos propios, polo que os creadores estaban moi condicionados e costáballes sair da caixa. Vendo isto, fixemos un alto no camiño e voltamos a incidir na importancia de non xulgar ideas nun proceso creativo para non cortar o proceso de innovación de raíz.
A partir de aquí os grupos desbloqueáronse e comezaron a producir ideas dun xeito moito máis áxil. Finalmente realizamos o prototipo do proxecto co cal @s participantes terán que sair á rúa durante as próximas dúas semanas para testealo.
Como o testeo é unha das claves do proceso de Design Thinking, adicamos a última media hora da xornada a explicar as claves e as técnicas para poder realizalo da mellor maneira posible e cos recursos dos que dispoñemos.
Ás dúas reamatamos a xornada e emplazamos @s alumn@s para o seguinte sábado, onde nos veremos no Nos Day e de seguro que aprenderemos moito das startups que estarán presentes e da aplicación do modelo Lean no desenvolvemento de proxectos.