Clase design thinking
18
Mai

Curso de Design Thinking Avanzado: introducción á metodoloxía

O pasado sábado na sede de DesignThinking.gal comezou a primeira edición do curso de Design Thinking Avanzado, onde durante catro semanas ensinaremos como aplicar esta metodoloxía en proxectos reais.Despois de recibir a tod@s @s asistentes, ás 10 da mañá e con puntualidade británica, botou a andar esta primeira xornada, a cal tiña por obxectivo que @s alumn@s comezasen a interiorizar a metodoloxía no seu día a día.

Tras realizar unha serie de actividades para espertar, presentamos ó equipo de Designthinking.gal, falamos de por que naceu o proxecto e do noso xeito de enteder a educación en xeral e o Design Thinking en particular, que é básicamente adaptándoos ó entorno onde se desenvolve.

DT-mallou-1-002

Unha vez introducidos en materia, falamos do que é a creatividade, visualizamos en que partes do cerebro se xera e explicamos unha serie de técnicas que nos axudan a ponteciala. A partir de aquí dividimos a clase en dous grupos e comezamos a poñer en práctica algunha das técnicas que comentamos anteriormente, concretamente a SCAMPER.

DT-mallou-1-004

No transcurso desta actividade, pasou un feito moi curioso, xa que, sen motivo aparente, un dos grupos estaba a producir moitas menos ideas que o outro. Deténdonos a analizar o comportamento do mesmo, fixámonos que o que impedía unha alta producción era básicamente que se buscaba “organizar” cada idea dentro das dimensións que plantexa dita técnica, polo que se perdía tempo para producir outras novas. Despois de falalo co grupo en cuestión, este comezou a producir incluso máis ideas que o outro.

Isto, que en principio podería ser un inconveniente no desenvolvemento da clase, serviu para que @s alumn@s se percatasen de como as barreiras que nos poñemos poden influir de xeito moi negativo na fase creativa.

Tras dúas horas intensas de posta a punto, fixemos un pequeno descanso para estirar as pernas e refrixerar a mente. Acto seguido explicamos que é isto do Design Thinking, de donde ven e que nos pode aportar, ademais de analizar casos de éxito da aplicación da metodoloxía en diferentes sectores.

Nesta fase decatámonos que estábamos ante un grupo moi participativo, xa que o que normalmente se pode explicar nunha hora, levounos 1h 30min. Ainda que nos precupa moito a temporalización na aula, sempre se agradece estar fronte un grupo así, xa que o aprendizaxe é mellor e moito máis dinámico.

DT-mallou-1-001

Tras establecer o marco teórico, levamos a cabo a aplicación práctica da metodoloxía cun proxecto real e con menos tempo do habitual. Ainda así, os resultados a nivel conceptual foron moi bos, o que reforzou a nosa opinión sobre @s participantes.

Despois de que @s alumn@s presentaran os proxectos desenvolvidos, realizamos o feedback grupal e emplazámonos para a seguinte xornada, onde subiremos un grado o nivel de dificultade.

Leave a Reply