Design thinking taller avanzado
9
Xuñ

Curso de Design Thinking Avanzado: presentación dos proxectos

Tras un inspirador NOS Day, o curso de Design Thinking avanzado chegou á súa última xornada, onde os diferentes equipos amosarían o resultado de todo un mes de traballo. 

O día comezou coa posta en común do feedback recollido do público obxetivo, e coa análise do mesmo. Aquí pasou o esperado, parte das hipóteses que se realizaron na clase era erróneas e outras evidentes non se chegaron a facer, o que recalca a importancia de falar coas persoas antes de comezar un proxecto.

Esta fase marcou o ritmo dos equipos ata a fin da xornada, xa que o nivel de análise e cribado dos datos durante a semana foi moi diferente nos diversos grupos, mentres que uns analizaban as gráficas de resumo, outros comezaban a ler as respostas das entrevistas.

A continuación e axudados pola ferramenta do Customer Journey Map, detectamos os puntos críticos de cada proposta, antes, durante e despois de que o cliente interactuara con ela. Estos puntos foron os que nos permitiron redeseñar a proposta e mellorala, enfocándoa moito mellor ó noso público obxetivo.

Design Thinking avanzado 002

Despois desta fase de redeseño, foi o turno de Chus Prol, quen nos falou de que é isto do storytelling e de diversas técnicas de escritura creativa, as cales levamos á práctica a través de diferentes retos. Tras compartir as diferentes historias creadas e rirnos moito, chegou o momento do merecido descanso. 

Á volta do espazo publicitario chegou Yolanda Iglesias, a nosa experta en publicidade e marketing, para ofrecernos unha visión integral do que son estas ferramentas, como funcionan e como as podemos aplicar ós nosos proxectos. Tras analizar tanto casos de éxito coma de fracaso ou proxectos propios, rematamos esta fase. Con todas as ferramentas aprendidas durante todo o día, os diferentes equipos puxéronse a rematar as súas propostas e a preparar a presentación das mesmas, que realizarían a través dun spot publicitario.

Design-Thinking-avanzado-004

A iso das 14:00 os tres equipos presentaron as súas propostas, as cales partiron desde un prisma moi conceptual ata outro moito máis pragmático, pero todas elas con solucións de produtos ou servizos de moito nivel, os cales reflexaron o gran traballo levado a cabo pol@s participantes.

Tras ofrecerlles o feedback correspondente desde os nosos diferentes puntos de vista, realizamos entrega dos diplomas oficiais do curso e levamos a cabo o xantar networking, onde compartimos as anécdotas vividas neste mes de traballo.

Design-Thinking-avanzado-003

A modo de conclusión, desde Designthinking.gal gustaríanos salientar tanto a actitude coma os resultados acadados por este grupo de alumn@s, así como agradecerlles a súa participación nesta primeira edición do curso de un mes de Design Thinking Avanzado. Foi todo un pracer coñecervos e estamos segur@s do éxito dos vosos respectivos proxectos, sempre e cando continuedes pensando fora da caixa 😉

Leave a Reply

Skip to content