congreso-abogacia-española-design-thinking
15
Mai

Designthinking.gal no Congreso Nacional da Avogacía

O pasado día 9 de maio tivemos a oportunidade de asistir como relatores ao XII Congreso Nacional da Avogacía 2019, o cal tivo lugar en Valladolid, cunha charla cuxo título era: Design Thinking: como deseñar servizos legais.

A priori pode parecer que este sector está no polo oposto ao Design Thinking pero, como veredes a continuación, hai un nexo clave que fai que esta metodoloxía sexa unha ferramenta moi potente no ámbito legal.

O noso relatorio foi un dos que abriu a xornada do xoves ás 10 da mañá e a gran cantidade de asistentes xa facía prever o interese que hai entre os avogados por facer cousas diferentes e innovar.

Durante uns 15 minutos explicamos brevemente en que consiste a metodoloxía do Design Thinking e situamos aos participantes baixo unha perspectiva histórica da mesma, como no seu día fixemos neste blogue co post sobre a verdadeira historia do design thinking. Finalmente insistimos no concepto de innovación centrada nas persoas e a potencia que ten no ámbito legal o feito de que os usuarios estean no centro do proceso de innovación. Estas persoas necesitan servizos legais entendibles, sinxelos, modernos e que respondan ás súas necesidades, algo que enlaza directamente co que pode achegar unha metodoloxía como o Design Thinking.

O feedback tras a nosa participación foi moi positivo e notamos que os participantes estaban desexosos de pensar fóra da caixa e adquirir novas ferramentas que lles axudasen a innovar nunha contorna tan complexa coma a que vivimos actualmente.

Tras o noso relatorio aproveitamos para gozar do resto do congreso, asistindo a outros relatorios interesantes e coñecendo novas solucións de startups legaltech.

Fonte: Expansión

Entre os relatorios ós que pudipuidemos asistir destacamos o de Pilar Vila (Experta en ciberseguridade e CEO en Forensic & Security), os de Alejandro Sánchez del Campo (Of counsel na área de Startups & Open Innovation de Garrigues) e David Maeztu (Socio de 451 legal), sobre o dereito en internet e as disrupcións tecnolóxicas e as de Alejandro Touriño (socio director de ECIJA) e Carlos Grau (CEO de Mobile World Capital Barcelona) sobre transformación tecnolóxica.

Despois de vivir o evento como participantes, o que máis nos sorprendeu foi tanto a dimensión do mesmo como a calidade e cantidade dos contidos, xa que había moitos momentos cunha oferta de máis de 10 relatorios en paralelo. Neste punto cabe destacar o gran traballo da organización, xa que non é nada fácil organizar un evento destas características e mobilizar a tanta xente, dicímolo por experiencia.

congreso abogacia española design thinking

Fonte: Abogacía Española

Participar neste Congreso serviunos, ademais de para aprender de grandes profesionais do ámbito legal, para verificar que o mundo do dereito se atopa, como moitos outros, co reto da transformación dixital e o cambio tecnolóxico. Este cambio non pasa simplemente por facer tecnoloxía, pasa por entender mellor que nunca ás persoas e situalas no centro do proceso de innovación, só así se poderán crear servizos legais que respondan ás necesidades dos usuarios e da sociedade de cada momento.

 

Fonte foto portada: Abogacía Española

Leave a Reply