destrucción creativa
26
Xan

Destrución Creativa: Un concepto a ter en conta no emprendemento e a innovación

Dinme con frecuencia que o meu esquema analítico refírese únicamente a unha época histórica que está rapidamente chegando ó seu fin. E nisto estou de acordo. Na miña opinión a teoría económica non poderá ser nunca, neste sentido, máis que a teoría dunha certa época histórica”.  Joseph A. Schumpeter

A destrucción creativa popularizada por Joseph Alois Schumpeter (1883-1950), destacado economista austro-estadounidense, ministro de Finanzas en Austria e profesor da Universidade de Harvard desde 1932 ata a súa morte. Explícao no seu libro Capitalismo, socialismo e democracia (1942).

Joseph Alois Schumpeter aludía ó “proceso de mutación industrial que incesantemente revoluciona ás estructuras económicas desde dentro, destruindo as vellas e creando novas”.

Tamén afirmaba que o emprendemento é a habilidade de actuar para aproveitar as oportunidades xeradas pola innovación e polos novos achados.

A destrucción creativa é o proceso continuo de xeración de cambios tecnolóxicos e nos modelos de negocio que fan obsoletas as competencias que fixeron ás organizacións exitosas.

Un exemplo desta transformación atopámolo na industria fotográfica.

No seu mellor momento, na empresa Kodak traballaban 145.300 persoas en todo o mundo.

Kodak foi a creadora da cámara dixital, porén, decidiu conservar e seguir empregando os vellos métodos e as vellas tecnoloxías.

Máis adiante, xurdiu unha empresa denominada Instagram, que creou a aplicación para teléfonos móbiles a través da cal se podrían intercambiar as fotografías dixitais.

En Instagram só traballaban 15 persoas. Instagran for mercada por Facebook por mil millóns de dólares.

A finais do 2012 Kodak declarouse en bancarrota.

A gran aportación de Joseph Alois Schumpeter foi refinar a idea de que o capitalismo é como a guerra, ó propoñer a teoría da “destrucción creadora”

Schumpeter puxo demasiado énfase en que a competencia destrúe estructuras productivas existentes para sustituilas por estructuras innovadoras.

Non soupo subraiar un dos aspectos positivos da innovación, a saber, que esta pode xurdir sen necesariamente destruir a capacidade de gañarse a vida dos acostumados ó modo antigo de facer as cousas, se amosan adaptabilidade ó cambio.

Porén, ten un lado oscuro: o custo social que este proceso produce sobre as persoas afectadas.

Se non se abren suficientes alternativas para o cambio, non só fracasará a economía, senon os mercados, as organizacións e as persoas. Hai só duas eleccións: xogar ou ser eliminado.

Joseph Alois Schumpeter concluía que as vantaxes competitivas están sempre en proceso de convertirse en obsoletas a medida que cambian as tecnoloxías, os gustos dos consumidores e as condicións do entorno.

Leave a Reply

Skip to content