Emprendimiento post covid 19
24
Feb

Emprender tras a crise do coronavirus COVID-19

Agora que estamos a ver a luz ao final do túnel e as vacinas comezan a facer efecto, moita xente se pregunta, e agora que? Haberá crise económica? Será peor que as anteriores? Como a superaremos? Que cambiará? Atoparei traballo? Mantereino? En definitiva, moitas preguntas e moi poucas respostas ou, o que é o mesmo, teremos que aprender a xestionar a incerteza.

A xestión da incerteza

gestión incertidumbre emprendedores

Nisto de xestionar a incerteza hai un grupo de persoas que parte con vantaxe sobre o resto da sociedade e nas que nos podemos inspirar, non é outro que o dos/as emprendedores/as. O que fai a este grupo poder navegar na incerteza é o desenvolvemento dunha serie de capacidades como a confianza, a resiliencia, a flexibilidade, a creatividade ou a capacidade de adaptación, algo tan vello como a vida na terra. 

A seguinte pregunta sería: esas capacidades son innatas ou se poden adestrar? Neste sentido, e como bos galegos que somos, cremos que unha porcentaxe son innatas e outra porcentaxe pódese adestrar ou están moi relacionadas co contexto, como sucede coa propia creatividade, polo que aínda temos esperanza 🙂

Emprendedor/a post-covid

comunidad de emprendedores covid19

Con todo, estas capacidades son suficientes se queremos emprender tras a pandemia? Pola nosa banda cremos que son o mínimo imprescindible porque, ademais do anterior, o emprendedor/a post- covid terá que ser máis tecnolóxico, máis verde e máis social.

Máis Tecnolóxico. Se algo quedou patente este último ano é que o mundo dixital viu para quedar e xa non hai volta atrás, por tanto a tecnoloxía se vai converter nunha barreira de entrada ou unha vantaxe competitiva clara en calquera sector.

Máis Verde. Aínda que xa o anunciaba o movemento visibilizado por Greta Thunberg no 2019, a sociedade está a cambiar e cada vez ten máis presente conceptos como a economía circular e a sustentabilidade, xa que está a entender que sen iso non hai futuro. Tras o COVID-19 isto vaise a potenciar e por tanto vai ser un factor clave que terán en conta máis que nunca os usuarios.

Máis Social. Por último, cando nos referimos a máis social, non nos referimos a interactuar máis en Instagram ou Tik Tok, referímonos a formar parte dunha comunidade coa que aprender, colaborar e compartir pensando no ben común. Como comentamos cando falamos sobre as aprendizaxes que nos levamos de 2020, cremos que este concepto veu para quedar.

Programa  RR_ dTerritorio

Precisamente nestes momentos temos a oportunidade de participar como mentores nun programa de emprendemento social innovador no territorio da man de León Startup e a Fundación Roberto Rivas, no que estamos a validar esta visión do novo emprendemento e achegando o noso coñecemento no mundo da innovación.

En concreto, estamos a mentorizar 14 proxectos situados no rural galego que están en pleno proceso de desenvolvemento co obxectivo de poñerse a andar nuns meses, en plena nova normalidade. 

Todos eles teñen en común os tres puntos que comentabamos máis arriba e os seus creadores/as as capacidades necesarias para levalos a cabo. Con todo polo que estamos seguros que sairán adiante non é por iso, é por algo moito máis importante e que lle dá sentido a todo o anterior, apaixónalles o que fan. A paixón, como comentamos en anteriores ocasións, é a principal clave para levar un proxecto adiante ou o que é o mesmo, emprender, é ese factor multiplicador de todo o demais e o que nos mantén vivos ao longo do tempo.

Leave a Reply