Feliz 2018
Un novo ano comeza e con el chegan as numerosas felicitacións por diferentes canles: mail, whatsapp, correo ou sms para quen sexa fan do retro. 😉 Moitas destas felicitacións son recicladas das que se reciben ou son as típicas destas datas. Pos iso este ano desde Designthinking.gal quixemos darlle unha volta a isto da felicitación de ano novo e desenvolvemos unha moi especial pensando fóra da caixa, como non podía ser doutro xeito.
Para iso deseñamos unha postal dirixida ós nosos clientes e colaboradores a partir dunha estratexia de storytelling transmedia. No desenvolvemento da parte offline nos inspiramos nun artista que seguimos dende fai tempo e que non deixa de sorprendernos coa súa visión tan particular do mundo.
Autor: Vincent Bal
A partir de aquí desenvolvemos un tríptico titulado “test de creatividade” para o cal seguimos a nosa metodoloxía ata chegar a un prototipo funcional. Na zona interior do mesmo podíanse ver unhas letras sen sentido aparente, que recordaban ás que teñen nas ópticas para graduar a vista. No extremo dereito do papel realizouse un recorte na mesma liña que as letras impresas, como se pode ver na imaxe inferior, buscando así a asociación de ideas por parte do usuario.
Para a parte online creamos unha páxina dentro da nosa web e situamos a ligazón á mesma na traseira do tríptico https://designthinking.gal/testdecreatividad/. Nesta páxina os receptores podían saber a puntuación de dito test, a cal variaba en función do modo de resolución do enigma, de menor a maior orixinalidade.
Esperamos que vos gustara a nosa proposta e ademais de felicitarvos o ano ó noso estilo, vos animamos a que este 2018 tratedes de explorar novos puntos de vista e buscar o lado disrutivo das cousas. 😉