pensamiento lateral
17
Abr

Ferramentas de pensamento lateral

No post de hoxe traémosvos, tal como adiantamos no noso post o pensamiento lateral, un pouco máis sobre el, adentrándonos nalgunhas das súas diferentes técnicas.

Aplicar o Pensamento Lateral

Antes de comezar podemos pensar que, se non somos expertos no tema, a aplicación premeditada do pensamento lateral pode resultar complexa e pouco eficiente cando nos enfrentamos a un problema concreto. A realidade é que, cun pouco de esforzo, o noso cerebro o agradece e os resultados son incribles.

Cando empezamos un proceso no que apliamos o pensamento lateral é importante ter en conta unha serie de aspectos:

-O primeiro, ser conscientes de que as ideas non van aparecer nos primeiros 3 minutos, a paciencia é parte do proceso creativo e debemos deixar ó noso cerebro que “xogue”. Necesitamos preparación e fluidez.

-O pensamento lateral require que nos abramos a diferentes propostas, opcións e alternativas, de aí que debamos deixar apartado durante un tempo ó noso centro crítico cerebral e ós nosos prexuizos.

-Se traballamos en equipo, é fundamental escoitar e estar atento ó equipo, non só para poder sumar sobre as demais ideas, senón como información para a inspiración do noso cerebro.

Tendo en conta estas recomendacións imos adentrarnos nas técnicas que nós consideramos máis cómodas de aplicar, independentemente do tipo de problema ó que nos enfrontemos.

Técnicas para fomentar o pensamento lateral

pensamiento lateral

Alternativas: nun proceso de resolución creativa de problemas tendemos a obxectivar os datos para dar as solucións, cando traballamos a técnica das alternativas, de forma semellante a cando traballamos un brainstorming, buscamos poder obter o máximo número de enfoques a un problema, rompendo os nosos esquemas mentais, ofrecendo múltiples alternativas.

Revisión de supostos: dado un problema concreto eliminamos os nosos estereotipos de cara ao mesmo. Debemos desestruturar o problema, recoñecendo e analizando cada unha das sías partes de forma individual. Fuximos dos “principios pre-establecidos” e das conexións lóxicas entre as partes, xerando solucións innovadoras ó conxunto.

Aplazamento dos xuizos e opinións: nesta técnica buscamos obter diferentes enfoques para reestruturar os conceptos do problema. De forma semellante á técnica de “alternativas”, o noso obxectivo é xerar un gran número de ideas. Neste caso non deixamos intervir ó noso xuizo crítico nelas, evitando tanto o negativo como o positivo. Nesta situación estimúlase mellor o intercambio de ideas, unha vez que teñamos un conxunto suficiente de ideas, as agrupamos e comezamos a súa valoración. Neste proceso o equipo é capaz de valorar mellor as ideas, cunha visión global.

Conceptos/divisións/polarizacións: para mellorar o rendemento da mente é necesario, ás veces, ver o problema desde os distintos elementos e compoñentes. Ao separalo en distintas unidades se pode levar a cabo unha mellor observación das mesmas, valorándoas en si mesmas. Recude a complexidade dos problemas e, polo tanto, da súa comprensión. Cada unha destas divisións poden relacionarse a un concepto/palabra conciso e contundente. O concepto materializa e cristaliza o problema. Definida a división e os conceptos, cando traballamos en polarizacións queremos clasificar os elementos do noso problema en base a dúas categorías opostas, en lugar de exercer un xuizo sobre as alternativas, e valoralas, simplemente as clasificamos asépticamente. É a propia categoría a que nos definiu como reaccionar ante todo o que conteña.

Estímulo ao azar: esta técnica é moi aconsellable nos momentos de bloqueo mental ou descoñecemento de como afrontar o problema. Durante o proceso de ideación ou búsqueda de solucións tomamos un estímulo calquera da nosa contorna ao azar, podería ser unha imaxe ou palabras, é importante que non garde relación co tema, deste xeito creamos unha conexión forzada alterando a secuencia natural, dando solucións innovadoras.

Unha nova palabra: PO. Ao abordar esta técnica substituimos no noso problema un dos conceptos claves polo substantivo PO. Deste xeito, ao ser suprimido o concepto esencial, se provoca unha reacción de desconcertó no emisor e receptor da mensaxe. Todo o problema “perde” o seu sentido, abrindo a nosa mente a evocar ideas diferentes, non restrinxidas a suposicións previas. PO non ten un significado concreto e xamais será un valor absoluto ou negativo, ten un aporte de fantasía e humor.

Método de inversión: nesta técnica tratamos de invertir a orde “lóxica” das cousas. Para iso debemos tomar o principio de que fora aceptado globalmente como verdadeiro e tratamos de invertir os elementos que interveñen en dita aceptación, obligándonos a realizar unha reodenación forzosa da información e atopar novas conexións. Abordamos o problema desde diversos puntos de vista para propoñer solución orixianis. Estudando o problema e a súa situación real, invírtese o sentido lóxico e posteriormente analízanse os resultados. Forzamos a orde da información.

Aínda que ao principio poida parecer difícil poñer en práctica estas técnicas é só cuestión de tempo que acabemos por empregalas como unha rutina máis no noso proceso de innovación ou desenvolvmento de proxectos. Así que elixide a que máis vos chame a atención e comezade! Que coa práctica se chega á perfección. 😉

Leave a Reply