11
Mar

Ferramentas para utilizar en procesos de innovación

Cando facemos un proceso de innovación, ben sexa a través do Design Thinking ou de calquera outra metodoloxía, hai multitude de ferramentas que nos poden axudar, facéndoo máis áxil e rápido. Hoxe imos falar dalgunhas das que adoitamos utilizar, aínda que hai moitísimas máis e cunha pequena procura en Google seguro que atopades solucións ao que buscades. Esperamos que a nosa selección axúdevos no proceso e sírvavos para seguir a innovar. 😀

Ferramentas para obter información ou feedback

O proceso de Design Thinking empeza coa fase de empatizar, na que tratamos de conseguir a maior información posible sobre o noso usuario. Podemos utilizar técnicas de investigación de mercados cualitativas ou cuantitativas ou mesmo ferramentas propias do Design Thinking.

Unha ferramenta que usamos moito cando nos baseamos en investigación cuantitativa mediante enquisa é a de formularios de Google, xa que nos permite realizar enquisas  online de forma rápida e áxil, cun baixo custo en tempo e recursos para nós e baixo custo en tempo e alta comodidade para o usuario. 

Ademais, esta ferramenta é moi fácil de usar, permite personalizar bastante os cuestionarios e, unha vez que temos as enquisas realizadas mesmo che ofrece un informe xeral sobre os resultados. Tamén permite a opción de visualizalo en táboas de datos para poder explotalos ao máximo.

Se imos pola vertente cualitativa, é importante facer boas observacións e entrevistas. A guía desenvolvida por Hasso Plattner Institute of Design sobre investigación etnográfica axudaranos a aprender a facelo de forma correcta, así como serviranos de axuda para a creación das nosas guías. 

guia etnografica

Unha vez que temos información sobre os nosos usuarios poida que nos interese categorizalos en arquetipos ou “usuarios tipo”, para iso é moi interesante crear perfís de Persona e con esta ferramenta o proceso resulta moi sinxelo. 

Por último, se o que queremos é obter un feedback moi rápido sobre algún contido que temos na web, unha forma divertida e moi sinxela pode ser a través do uso de emoticonos, a modo de reacción do usuario co contido, tal e como se ofrece nas historias de Instagram. Colgamos un contido (un post dun blogue por exemplo) e xusto debaixo unha barra de emoticonos, co obxectivo de que o usuario faga click sobre aquel emoticono que máis se relaciona co que sentiu ao ler o noso contido. Nós utilizamos Reactions bar by Vicomi, xa que a súa instalación é moi fácil e rápida. 

feedback para post

Ferramentas para o proceso creativo

Unha das técnicas máis utilizadas a nivel mundial nun proceso creativo é o brainstorming. Aínda que podemos facelo da forma tradicional, tamén podemos combinalo cunha interface dixital para ir recompilando as ideas mentres xorden, evitando que algunha idea quede polo camiño. Stormboard ofrécenos esta posibilidade e, ademais, ten múltiples plantillas para outros procesos, mesmo para realizar un Mapa de Empatía. 

Tras facer un brainstorming é necesario analizar as ideas, categorizalas e seleccionalas. Para iso pode ser interesante utilizar mapas mentais. Hai multitude de ferramentas online para facelos de forma rápida, Wisemapping permítenos crear mapas sen necesidade de login e gardalos ao momento. 

Ferramentas para prototipar

Ás veces un prototipo non require máis que visualizar o concepto que desenvolvemos mentalmente durante o proceso de innovación. Para iso pode ser moi útil recorrer a ferramentas que nos permitan facer debuxos ou gráficos rápidos e sinxelos online como Autodraw

prototipo app dibujo

Noutros casos necesitaremos crear prototipos de webs ou apps. A forma máis rápida e áxil que probamos é a de partir de debuxos en papel e dotalos de movemento e interacción a través dun software dixital como Prototyping On Paper

Ferramentas para presentar os resultados

Os resultados do noso proceso poden ser tanto cuantitativos como cualitativos. No primeiro caso pódenos interesar unha ferramenta que nos axude a crear gráficas ou táboas cunha estética máis bonita e personalizada que a que ofrecen os software tradicionais. Infogram funciona bastante ben e ten unha gran capacidade de personalización, ademais de múltiples gráficos predefinidos que podemos utilizar para expoñer a nosa información. 

Se preferimos contar os resultados cun bo storytelling a ferramenta Storyboardthat axudaranos a crear guións gráficos de forma fácil e rápida, de tal forma que podamos ter en pouco tempo un prototipo sobre a comunicación que pretendemos desenvolver. 

Como vedes estas son só algunhas das múltiples ferramentas que podemos atopar navegando por Internet. Coñeces algunha destas? Utilizas outra que non mencionásemos? Déixanos un comentario con novas alternativas para ir completando e enriquecendo este post coas túas achegas. Compartir é vivir! 😀

Leave a Reply