Startup Stock Photos
12
Xan

Fomentar o benestar no traballo

Agora que voltamos ó traballo despois das vacacións, serán moitos os que aínda cheguen con cara de sono ó traballo, refunfuñando polo ben que se estaba na cama ou con sopor por ter que aguantar ó pesado de turno cada mañá…

Pero non todo é malo!! Coa volta ó traballo veñen as caras dos compañeiros que máis queremos, os chistes, o café de media mañá (ou media tarde), as anécdotas e un sen fin máis de cousas boas que ten o noso traballo.

Aínda así, seguro que a moitos vos custa detectar esos elementos e non conseguides manter unha actitude positiva no traballo. Hoxe traémosvos algúns conselliños que poden axudarnos a sobrelevar esta dura volta á rutina 😉

  • Transforma os pensamentos negativos en positivos. Moitas veces centrámonos na parte negativa da situación, pero seguro que tamén ten un lado positivo que podemos aproveitar.
  • Carpe Diem ou pensa no aquí e no agora, porque en numerosas ocasións enfadámonos anticipando problemas futuros que quizáis non cheguen a producirse nunca.
  • Traballa máis en equipo. Axudar ós demáis e recibir axuda fainos sentir felices de maneira natural, sentir que axudamos a alguén e que formamos parte da creación de algo aumentará a nosa felicidade e optimismo.
  • Mantén un horario e uns obxectivos a cumprir cada día. Ó final da xornada laboral veralos cumpridos e sentiraste máis satisfeito e orgulloso.
  • E disfruta. Tómate ese café a media mañá e aproveita esos 15 minutos para ter unha charla relaxada e distendida cos teus compañeiros. As relacións sociais e o descanso axudarante a ver as cousas con maior optimismo.

Pero… por qué temos que ser optimistas no traballo? Pois principalmente porque seremos máis felices e iso, ó longo do tempo, redundará nunha mellor saúde persoal a nivel físico, psicolóxico e social. Pero ademais, unha actitude positiva no traballo fai que o noso rendemento sexa mellor. Ademais… a ninguén lle gusta ter unha persoa triste e enoxada traballado ó seu carón, preferimos sempre a persoas sorrintes e amables coas que poder contar á hora de solucionar un problema.

Así que xa sabedes, a poñer en práctica estos consellos para levar unha vida máis feliz 🙂

1 Response

  1. Pingback : Por que todo o mundo quere traballar en Google | designthinking.gal

Leave a Reply