14
Dec

Food Design Thinking ou como xuntar a comida, as persoas e o deseño

Seguro que vos estaredes preguntando: en serio ides falar de comida no voso blogue? Pois si… non porque sexamos especialistas gastrónomos… pero comer, comemos todos, cada día e varias veces ó día, isto fai que comer sexa unha actividade básica e imprescindible para todo ser humano (e non humano…). E se comer é unha necesidade básica entón ten moito sentido que o Design Thinking tome partido nese ámbito, non credes?

Pero empecemos polo principio: Food Design

food-design

Este novo concepto, Food Design, surxiu no ano 2002 a partir da Associazione per il Disegno Industriale (ADI). O Deseño Gastronómico concíbese como unha disciplina que aposta pola unión entre o mundo gastronómico e o mundo do deseño, prestando especial atención a como ambos territorios se complementan mutuamente. Unha das grandes representantes desta disciplina é Francesca Zampollo, unha deseñadora, investigadora e consultora italiana, doutora en teoría do deseño sobre comida, fundadora da Sociedade Internacional de Food Design e creadora da primeira revista sobre este tema: International Journal of Food Design.

Quizáis o Food Design teña sido relacionado máis coa parte estética e sensoria do deseño, pero non comemos so co gusto, tamén coa vista, o oído, o olfato e incluso o tanto en ocasións, neste sentido empregouse o deseño para crear experiencias gastronómicas que resultasen atractivas a todos estes niveis.

Neste sentido atopamos moitísimos exemplos coma as grandes copas recheas de fume que se destapan ó servir o prato para aprenciar todo o aroma, conseguir texturas craquelantes nos platos para sentilas e oílas ó comer, et.

Todo isto é necesario, xa que na actualidade a gran oferta gastronómica que existe no mundo, especialmente en España onde temos unha moi boa e variada gastronomía, xerou unha gran competitividade entre establecementos, onde sobrevivir ás veces resulta complicado e onde diferenciarse é a chave para seguir adiante e conseguir o éxito.

O Design Thinking e a gastronomía

happiness-cake

Todo isto fai necesaria a creación de verdadeiras experiencias gastronómicas que van máis aló do simple consumo de alimentos, polo que resulta case imprescindible empregar unha metodoloxía que nos permita analizar todos os aspectos que se ven relacionados coa comida: desde o prato ata a atención, o local, a oferta de produtos, o son ambiente…

A comida cómese cos 5 sentidos, pero tamén inflúe o entorno, a cultura, as experiencias gastronómicas pasadas, etc. E o máis importante de todo: as persoas somos animais sociais (uns máis e outros menos… jeje) e o acto de comer foi desde sempre un acto social. Isto é incuestionable, non temos máis que pensar nas grandes celebracións de cada ano, tanto a nivel do noso traballo ou fogar, local, nacional, ou a nivel mundial… sempre van acompañadas de comida! Sobre todo en España… e non digamos en Galicia, onde outra cousa non… pero comer… dásenos mooooooi ben 😉

O Design Thinking é unha metodoloxía con moitísimas vantaxes e fortalezas, pero polo que destaca principalmente é porque se centra nas PERSOAS. Comida e persoas van unidas da man desde tempos ancestrais, por iso a primeira fase do Design Thinkins resulta moi interesante no ámbito gastronómico.

Exemplos de uso do Design Thinking na industria alimentaria

Un exemplo de uso do Design Thinking para innovar na industria alimentaria é o proxecto Fork to Farm realizado e financiado pola Asociación Noruega de produtores pesqueiros e no que tamén participaba un instituto de investigación de Noruega para a acuicultura, pescado e alimentos. No primeiro paso estas entidades aportaron estudos previos acerca do sector alimentario e hábitos dos consumidores, entre outras cousas, e observouse que o consumo de pescado aumentara e tamén o consumo de alimentos para levar (fast food, especialmente o consumo de “perritos calientes”), así que con esa e outra información chegaron á conclusión de que existía unha necesidade de novos produtos de comida “on the go” máis saudables.

Partindo desa base realizaron observacións, a partir dos datos xeraron ideas sobre novos produtos e formatos, desas ideas seleccionaron algunhas e as prototiparon para, finalmente, testealas mediante un focus group e melloralas.

ejemplo-food-design-thinking

Outro exemplo é Food For You, una empresa mexicana, coñecida polos seus plans de alimentación orientados á xente que quere seguir unha dieta. O seu principal valor era ofrecer unha comida rápida e cómoda á vez que saudable. A complexidade á hora de comunicar estes valores fixo que os seus comezos non foran tan bos como se esperaba.

Decidiron aplicar o Design Thinking, para isto analizaron ós traballadores e consumidores a través de entrevistas cualitativas mediante as que identificaron as ideas chave que guiaron o proceso: non se trata só de comer saudable, senon de xerar un novo estilo de vida. Todo isto levou ó deseño dunha nova experiencia para cada tipo de cliente que incluía non só a súa selección da comida, senon tamén as actividades e a información que complementaría as decisións saudables.

Antes do proceso de Design Thinking as comidas categorizábanse en almorzo, comida e cea, pero isto non funcionaba xa que os consumidores as intercambiaban en función das súas apetencias e do que necesitaran en cada momento. Tras o proceso de Design Thinking as recategorizaron en Amor, Frescura e Boa enerxía. Partindo desta base xerouse unha nova estratexia de marca que obtivo moi bos resultados.

ejemplo-food-for-you

Como vedes, o Food Design Thinking é moito máis que presentar a comida de forma bonita ou facer un deseño elegante dos pratos ou establecementos. As aplicacións do Design Thinking ó sector da alimentación son numerosas e as posibilidades de innovar case infinitas, só necesitamos un chisco de creatividade e moitas ganas, un equipo que nos acompañe (como Designthinking.gal :P) e unha metodoloxía que nos guíe no proceso 😀

Leave a Reply