taller design thinking
23
Abr

Innovación, creatividade, Design Thinking e ¡moito máis!

Recentemente lanzamos o primeiro Máster en Innovación Centrada nas Persoas en colaboración con CESUGA. Contabámosvos que a razón de ser deste máster non era outra que os grandes cambios culturais, sociais e tecnolóxicos que xeraron novas necesidades nos usuarios a unha velocidade nunca antes vista.

Por iso é necesario aprender a traballar con ferramentas transversais que nos permitan innovar en calquera sector e sexan aplicables por calquera perfil profesional. Isto é máis importante se cabe na actualidade, onde os grupos de traballo tenden a estar formados por equipos diversos e multidisciplinares.

E como unha das nosas máximas é “ learning by doing” ou “aprender facendo”, non podiamos deixar pasar a oportunidade de realizar unhas dinámicas para presentar o máster, onde explicaremos con detalle o seu contido ao mesmo tempo que vemos, de forma práctica, a metodoloxía que se implementará neste máster e algunhas das ferramentas que se utilizarán. 🙂

Talleres prácticos: creatividade, innovación e Design Thinking

talleres design thinking master innovacion personas

O 4 de maio realizaremos dúas xornadas prácticas de presentación do máster: pola mañá na Coruña, nas instalacións de CESUGA, e pola tarde en Santiago, nas nosas instalacións.

Durante esta xornada falaremos sobre como evolucionou o consumidor ao longo do tempo e que innovacións tecnolóxicas transformaron o seu comportamento.

Analizaremos por que é importante innovar pensando sempre nas persoas e aprenderemos técnicas de creatividade que nos axudarán a xerar solucións disruptivas pero adaptadas ás necesidades dos nosos usuarios.

Finalmente traballaremos en equipo realizando un proceso de Design Thinking, utilizando distintas ferramentas propias desta metodoloxía, para solucionar un problema complexo.

Se queres coñecer máis en detalle o Máster en Innovación Centrada nas Persoas, aprender sobre Design Thinking, creatividade e análise do usuario e pasar unha xornada divertida, non o dubides máis e inscríbete nun dos nosos talleres. 😀

Leave a Reply