Innovación Inclusiva

Innovación Inclusiva

En Designthinking.gal concibimos a  innovación inclusiva como unha maneira de innovar aberta na que calquera persoa, independentemente da súa experiencia, capacidade ou características, pode tanto achegar valor (a unha organización, á sociedade ou ao planeta) a través dun proxecto, unha idea ou un simple comentario, como interactuar dunha forma accesible cun produto, servizo ou proceso.

Esta forma de innovar articulámola a través da metodoloxía do Design Thinking, que empeza por empatizar coas persoas e detectar cales son os insights ou causas raíz de que están baixo as súas necesidades ou problemas. A partir de aí desenvolvemos procesos de co-creación en diferentes formatos (taller, hackathon, dinámica, #etc…) en equipos multidisciplinares e diversos, redeseñando as técnicas clásicas ou creando unhas novas que faciliten a participación, multiplicando así a achega de valor.

Unha vez temos conceptualizadas as solucións, as testeamos co público obxectivo, obtemos feedback e redeseñámolas. Desta forma podemos aumentar significativamente as probabilidades de éxito dun produto, servizo ou proceso. A continuación especificamos algúns ámbitos onde desenvolvemos proxectos de innovación inclusiva a través desta metodoloxía.

Queres desenvolver proxectos de innovación inclusiva?

CONTÁCTANOS

Innovación social inclusiva

A complexidade que existe no social, necesita dunha metodoloxía de innovación que poña o foco nas persoas, que sexa eficiente, que achegue unha perspectiva integral e que axude de forma áxil a resolver as necesidades reais desas persoas.

O Design Thinking encaixa de maneira natural no ámbito social, por iso actualmente é a metodoloxía de referencia a nivel internacional en procesos de innovación centrados nas persoas.

Innovación educativa inclusiva

A educación é unha das claves para construír sociedades que avancen, por iso é moi importante innovar de forma continua neste ámbito.

Empatizar co alumnado e entender as súas necesidades, é o primeiro paso para achegarlle o coñecemento dun modo satisfactorio. Nestes sentido aspectos como a intelixencia emocional, a diversidade, a creatividade, a motivación ou a didáctica son fundamentais para innovar neste sector e poder conseguir unha educación inclusiva e de calidade.

Innovación inclusiva en saúde

O ámbito da saúde, como o social ou o educativo, é moi complexo e necesita abordarse desde un punto de vista sistémico, tanto para atopar as mellores solucións como para que sexan sostibles no tempo.

Desde os pacientes ata os seus familiares pasando polos profesionais da saúde ou a propia administración, deben ser tidos en conta antes de empezar calquera proceso de innovación en saúde. Neste contexto cobra especial relevancia a co-creación como ferramenta para construír solucións integrais.

Innovación inclusiva na industria

Nos últimos anos asistimos a unha gran evolución tecnolóxica que nos situou no que coñecemos como industria 4.0. Nesta contorna, a creación de proxectos de innovación tecnolóxica debe estar sustentada nunha base metodolóxica que sitúe ás persoas e ao planeta no centro e que á súa vez permita a integración de tecnoloxías como o Internet of Things, a impresión 3D, a realidade virtual, a robótica colaborativa ou a intelixencia artificial.

Innovación inclusiva en Startups

O contexto no que se move unha startup evoluciona constantemente, por iso necesita ser moi rápida para poder competir no mercado. Con este contexto, as metodoloxías áxiles son fundamentais para conseguir os obxectivos. Na actualidade ter presente ao usuario durante todo o proceso de creación e desenvolvemento dunha startup é fundamental, para iso utilizamos o Design Thinking en ciclos curtos, aplicando o que se coñece como Design Sprint.

Queres desenvolver proxectos de innovación inclusiva?

CONTÁCTANOS

Casos de éxito en innovación inclusiva

Skip to content