máster semipresencial innovacion centrada en las personas
10
Abr

Lanzamos o I Máster en Innovación Centrada nas Persoas

Por que un máster en innovación centrada nas persoas?

Actualmente vivimos un momento histórico moi complexo, con grandes cambios a nivel cultural, social e tecnolóxico, onde a cantidade de información aumenta cada ano de forma exponencial. Isto fai que as necesidades dos usuarios aparezan á mesma velocidade, polo que cada vez é máis complicado para as organizacións chegar a satisfacelas e facelo no  timing adecuado.

Para iso necesitamos ter ferramentas áxiles que sitúen ao usuario no centro e axúdennos a entendelo mellor, a desenvolver solucións adaptadas e a conectar con eles con mensaxes diferenciadas que lles impacten.

Estes son os motivos polos que o pasado 1 de abril, e despois de varios anos de traballo, desde Designthinking.gal lanzamos a nivel nacional o primeiro Máster en Innovación Centrada nas Persoas.

A innovación adéstrase

Tras máis de 15 anos traballando con diferentes equipos en proxectos de innovación e despois de resolver problemas complexos en ámbitos moi diversos a través de grupos de  co-creación, puidemos comprobar que as ferramentas para innovar son transversais a calquera sector e aplicables por calquera perfil profesional. A día de hoxe aínda nos segue sorprendendo a capacidade que temos as persoas cando estamos motivadas para asimilar ferramentas nun tempo récord e para organizarnos ao redor dun proxecto común.

A clave, ademais de integrar estas ferramentas dun modo divertido e dinámico, é adestrar as capacidades para utilizalas e traballar en equipos multidisciplinares que nos acheguen unha visión ampla do problema para resolver. Con este máster non queremos dar simples contidos, pretendemos capacitar a profesionais para que poidan liderar procesos de innovación, tanto dentro das organizacións como en proxectos de emprendemento.

Un programa práctico cun equipo docente de primeiro nivel

Neste máster contaremos cun equipo multidisciplinar de profesionais especializados, referentes no seu sector e con ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos. Con este equipo desenvolvemos un completo programa que responde as necesidades reais deste momento histórico.

Ademais formarán parte deste equipo diversas empresas colaboradoras de recoñecido prestixio nos seus sectores, as cales exporán diferentes retos aos alumnos, para que poidan integrar os coñecementos dun modo práctico, e os  mentorizarán no proceso achegándolles todo o seu coñecemento.

Este programa de máster levarase a cabo de forma semipresencial, facilitando así o acceso a profesionais, terá unha duración de 8 meses, de outubro a maio e é un título propio de Cesuga. Se queres máis información non dubides en visitar a web! 🙂

Leave a Reply