Lean Design (Design Thinking + Lean Startup)
Hoxe querémosvos faltar dunha nova corriente ou metodoloxía de traballo. Referímonos ó Lean Design, aínda que máis que unha metodoloxía é a unión de dúas xa existentes. Por un lado o Design Thinking, que a estas alturas xa o coñeceredes e Lean Startup… ¿e qué e isto do Lean Startup?
Esta metodoloxía naceu en Sillicon Valley, da man de Eric Ries despois de varias experiencias traballando en diferentes startups de Estados Unidos. Ainda que é relativamente recente (orixinouse no 2008) expandiuse rapidamente debido ó fenómeno das startups.
Esta metodoloxía utilízase, sobre todo, durante o lanzamento dunha empresa, un produto ou un servizo e as súas principais características son o aproveitamento de recursos, a flexibilidade ante o cambio e a aprendizaxe basada na iteración continua a través do testeo co target de usuario.
Nunha sociedade como a actual de cambio constante, unha empresa ou startup debe ser flexible e adaptable ós cambios sen necesidade dunha gran inversión que os dificulte. É por isto que Lean Startup funciona moi ben en modelos de negocio nos que a incertidume e o cambio cotizan ó alza.
Pero como todo, non é unha variña máxica que vai facer triunfar ó teu negocio, é necesario aplicala dunha maneira intelixente e constante, e sobre todo crear un equipo de traballo que se adapte ás mencionadas características.
E diredes… Qué ten que ver iso co Pensamento de Deseño ou Design Thinking? Por máis do que poids parecer a bote pronto, xa que comparten bastantes características:
- Ambas metodoloxías teñen en conta ó usuario, ainda que en momentos diferentes. O Design Thinking, que provén da antropoloxía social, intervén nunha fase inicial do proceso de creación dun proudto ou servizo, identificando as necesidades do usuario e creando propostas de valor para solucionalas. Lean Startup, porén, intervén nunha fase máis avanzada, centrándose na análise do público obxectivo e cómo chegar a él.
- Importancia ou valor do erro. Elemento fundamental nas dúas metodoloxías, o constante desenvolvemento, ensaio-erro, evolución, mellora… O erro xa non é algo negativo, pasa a ser a maior fonte de información da que aprender para mellorar o desenrolo do noso produto ou servizo. Ambas metodoloxías póñeno en valor, no Design Thinking fálase de prototipo, mentre que no Lean Startup fálase de MVP (Minimum Viable Product).
- Metodoloxías Áxiles. Ainda que a idea e o equipo son importantes nun proxecto, o timing é un deses factores clave á hora de lanzar un produto ou servizo, máis ainda cando unha nova tecnoloxía está polo medio, por iso necesitamos metodoloxías que nos permitan obter bos resultados no menor tempo posible.
Ambas metodoloxías, ainda sendo similares, aportan aspectos diferentes, polo que se volven totalmente complementrias. Lean Startup permítenos facer unha análise áxil da empresa a nivel global e funciona moi ben para desenrolar un modelo de negocio cando xa tempos un produto ou servizo definido e queremos lanzalo, facelo sostible no tempo e sobre todo escalable, é dicir. que sen necesidade de aumentar a estructura e os gastos fixos, os beneficios aumenten exponencialmente.
O Design Thinking, porén, céntrase no estudio do usuario e do problema ou necesidade existente, a partir de aquí e apoiándose na creatividade e no traballo en equipo desenvolven propostas de valor ata definir ese produto ou servizo. Ese profundo estudo do usuario fai que o Design Thinking trantenda do mundo empresarial e pase a empregarse tamén noutros ámbitos como o educativo, médico, social, etc.
Actualmente hai empresas que optan por aunar ambas metodoloxías no que chaman Lean Design. É unha idea que en DesignThinking.gal parécenos moi acertada e que de feito xa implementamos nos nosos proxecto, xa que ambas metodoloxías son totalmente complementarias. Todas as ferramentas que sirvan para mellorar o resultado dun proxecto deben ser empregadas no noso favor e, sobre todo, no dos nosos clientes.
A modo de anécdota, comentar que en 2014 Tim Browm (CEO de IDEO) e Eric Ries, como principais divulgadores de ambas metodoloxías, realizaron un Hang out moderado por Google onde falaban das súas principais características e a súa complementariedade.
Pingback : Transformación dixital e Design Thinking. Redeseñando a experiencia de usuario | designthinking.gal