22
Mai

Masterclass de Sara Marabillas na Academia Creativa para Adultos

Desde o principio de curso, na academia creativa falamos de que a creatividade se pode expresar a través de diferentes canles e que é moi interesante probar o maior número deles posible. Só así saberemos cales nos gustan máis, en cales sentimos máis cómodos ou cales podemos potenciar. Unha das canles de expresión que nos faltaba por explorar era a escritura e quen mellor que Sara Marabillas para axudarnos no proceso e sacar o mellor de todos e todas nós.

A escritura como ferramenta para o benestar

Sara, psicóloga social de profesión e escritora por vocación, considérase unha aprendedora que enfoca cada día coa curiosidade dunha nena pequena. Isto unido a unha sensibilidade fóra do normal, fai que cheguen máis inputs e o seu potencial creativo creza de maneira exponencial.

Na presentación inicial da masterclass, comentábanos que para ela a escritura é moito máis que unha canle de expresión, é unha ferramenta para baleirar a cabeza de todas esas preocupacións ou ruído que ás veces se xera. Nas súas propias palabras “se está no papel xa non molesta na cabeza”.

Un exemplo diso é a súa primeira obra “Depende”, onde realiza unha viaxe dual a través das emocións e na que envorca de forma maxistral todas esas preocupacións ou recordos desde a infancia ata a idade adulta.

Co propósito de axudar a outros, hai un tempo Sara lanzou xunto a La chica de los jueves un curso de 3 meses titulado “A arte de reescribirse”, onde unía o seu coñecemento no ámbito da psicoloxía coa canle da escritura.

A escritura convértese así nunha ferramenta que nos pode axudar a estar mellor, a potenciar ese benestar que nos vai a axudar a ser máis creativos e creativas.

 

Os disparadores creativos

Mentres preparabamos a Masterclass, comentabamos con Sara o deseño da xornada e preguntabámoslle sobre que técnicas de escritura creativa propoñería. A súa resposta foi clara, se queriamos buscaba técnicas pero que ela traballaba con diversos disparadores creativos. Así que, como confiamos plenamente, fomos con todo cos disparadores creativos.

Sara comezou a clase sacando dunha bolsa unha serie de libros de pintura e tras comentarnos o concepto de disparadores creativos, convidounos a seleccionar unha imaxe que nos xerase algo diferente e a escribir a partir dela, con total liberdade e sen límites. 

Tras uns minutos creando historias tanto a través da poesía como da prosa, compartímolas co grupo para darnos feedback. O resultado foi sorprendente e superou as expectativas de todos e todas, especialmente de quen consideraba que esta canle non era para eles.

Outro dos disparadores foi elixir unha palabra dun dicionario moi particular que compartiu connosco Sara e redefinir o seu significado. Con este disparador conseguimos relatos máis sintéticos pero traballamos moito a profundidade dos conceptos, algo que resultou súper interesante.

Como peche, fixemos un exercicio de análise e introspección, traballando o estado de consciencia, e eliximos unha sensación corporal que lembramos e que responde a unha situación, experiencia ou contexto. A partir de aí desenvolvemos un texto que xogaba con ela e axudábanos a transmitirlla ao grupo.

Ao final da clase reflexionamos con todo o grupo sobre o ben que funcionaban estes disparadores como ferramenta para crear e que son unha técnica creativa en si mesmos que aborda procesos mentais doutras técnicas como as analogías ou o mapa sensorial.

Se queres desbloquear as túas canles creativas e que ferramentas como os disparadores que che axuden a facelo, inscríbeche xa no curso 25/26 da Academia Creativa!

Leave a Reply

Ir o contido