Mentorizando proxectos de emprendemento innovadores
Probablemente o 2022 lembrarémolo en Designthinking.gal como un ano moi intenso que, debido en gran parte á saída efectiva da pandemia alá polo mes do marzo, concentrou moitísimo os tempos para todas as organizacións.Algúns dos procesos nos que participamos neste período, tiveron en común o contacto directo con emprendedores ou perfís innovadores e a mentorización dos seus proxectos.
A primeira mentorización que realizamos neste 2022 foi durante o Reto ONCE Innova, onde acompañamos aos nove proxectos finalistas desde o proceso de desenvolvemento ata a presentación dos mesmos no demo day. Na actualidade os proxectos gañadores están a implementarse dentro da organización, da que forman parte máis de 70000 traballadores que se verán directamente beneficiados.
Outro proxecto onde mentorizamos a emprendedores foi Leira, deseñado con Finsa para potenciar o intraemprendimiento dentro da organización a nivel internacional. No estivemos durante 6 meses formando e acompañando a intraemprendedores a detectar necesidades e conceptualizar solucións para a organización. De aquí xurdiron 6 proxectos que se están desenvolvendo dentro da organización e que se implementarán a partir de 2023.
O terceiro proxecto relacionado co emprendemento foi na segunda edición do programa RR_dTerritorio, no que participamos por segundo ano consecutivo e onde acompañamos a 16 proxectos de emprendemento desde a idea ao mercado.
Por último, cara a finais de ano, realizamos unha formación en Designthinking e fabricación dixital dentro do programa Europeo Emprende Makers, no cal desenvolvemos conceptos e mentorizamos os proxectos resultantes ata chegar a un MVP e un prototipo funcional.
Aprendizaxes de mentorizar proxectos de emprendemento
Novas xeracións e novas formas de pensar.
Un dos aspectos que máis nos gustou ao mentorizar proxectos foi atoparnos con novas xeracións que veñen con perspectivas diferentes, moi enriquecedoras e que responden a un contexto moi diferente a todo o vivido nas últimas décadas. Deles e elas aprendemos moito pero sobre todo a ter sempre presente ese lado máis irreverente, que é fundamental tanto no emprendemento como na innovación.
A regulación da inconsciencia.
Cando nos decidimos a emprender, sobre todo por primeira vez, descoñecemos moita da información que coa experiencia imos obtendo. Isto ten o seu lado negativo pero tamén o ten positivo, sempre que saibamos como regular esa inconsciencia en favor da creatividade e o atrevemento.
O que non Te mata faraTe máis forte.
Algo que aprendemos destas experiencias nos últimos anos e que repetimos todos os proxectos que mentorizamos é que nisto, como en case todo, non hai receitas máxicas e que o noso obxectivo non é que non se equivoquen nunca, sinó que cando o fagan non teñan que pechar o proxecto e teñan marxe para aprender e mellorar.
En comunidade sempre é mellor.
Unha persoa soa pode ir máis rápido en certos procesos pero se queremos que un proxecto sexa sostible a longo prazo, debemos de contar cunha comunidade que nos apoie. Esa comunidade empeza por familiares e amigos e esténdese cara a clientes, fans do produto ou servizo.
A confianza o insight máis común.
Para que un cliente/usuario estea disposto a pagar por un produto ou servizo hai algo que é fundamental e que é o insight máis común en calquera proxecto de emprendemento, a confianza. Como desenvolvamos esa confianza é clave para que o noso proxecto teña éxito e sexa sostible no tempo.
En 2023 seguiremos axudando e aprendendo xunto a outros emprendedores e emprendedoras que teñan ganas de innovar coas persoas e o planeta no centro.
Feliz 2023!