design-thinking-educacion
19
Xan

O Design Thinking na educación

Ata o momento, sempre que falamos do Design Thinking neste blog foi dende un enfoque profesional. Porén, hai un ámbito no que o Design Thinking é tanto ou máis importante e do que debemos falar, o educativo.

No último ano, desde o noso proxecto educativo VermisLAB, traballamos a metodoloxía do Design Thinking con nen@s a partir dos 5 anos e somos testigos directos de como se lles pode axudar a entender o mundo que lles rodea e a interactuar con él. Isto débese a varios factores que forman parte da metodoloxía e que resultan decisivos a estas idades para formar o noso carácter, estos factores son:

A intelixencia emocional. O control das emocións e a capacidade empática desenvólvense nos primeiros anos de vida e é algo fundamental para as relacións sociais e a comunicación. No Deisgn Thinking coincide co primeiro paso e o último, empatizar e testear.

O traballo en equipo. Se hoxe estamos aquí é porque os nosos antepasados souperon agruparse e traballar en equipo. Por aquel entonces foi unha maneira de sobrevivir e no futuro será a forma de traballar. Aínda que non está definido no esquema típico do Design Thinking, o traballo en equipos multidisciplinares é un compoñente transversal da metodoloxía.

A confianza e a creatividade. É incrible ver como pode evolucionar o potencial creativo dun/ha nen@ simplemente traballando a confianza e facéndoo/a sentir importante nunha clase. Este factor será clave para eles na maneira de afrontar os problemas diarios nun futuro. Aínda que a creatividade está presente en todo o proceso do Design Thinking, é na definición do problema e na ideación onde resulta máis clave todavía.

A experimentación. Ademais de mellorar a psicomotricidade dos máis pequenos e ser algo clave no desenvolvemento cognitivo, permítelles grabar novos rexistros de sensacións, mellorar a visión espacial. O momento do prototipado é ideal para fomentar a experimentación.

A diversión. Aínda que vai no derradeiro lugar e non figura explícitamente na metodoloxía como un dos pasos, a diversión é algo inherente ós procesos de creación e debe ser unha obriga no sistema educativo. Se un/ha nen@ se divirte mentre aprende, vai ser máis feliz, vai estar máis motivado e vai asimilar mellor os coñecementos.

O feito de empregar a metodoloxía do Design Thinking con nenos e nenas estanos permitindo aprender continuamente deles/as, ver as diferenzas no uso da mesma con adultos e comprobar en primeira persoa como a educación vainos limitando a medida que medramos.

Para que imos intentar pensar fora da caixa se podemos non entrar nunca nela? 😉

 

1 Response

  1. Pingback : Design Thinking e Movemento Maker no sistema educativo | designthinking.gal

Leave a Reply