fbpx

Que é o Design Thinking?

O pensamento de deseño ou Design Thinking é unha metodoloxía que ten por obxectivo a innovación. Comeza obtendo un alto grao de empatía co usuario, o que nos permite coñecer os seus problemas e necesidades reais. Para isto empréganse potentes técnicas de investigación de mercados e de análise do usuario que nos posibilitan obter os insights a partir dos cales desenvolver o noso proxecto.

Este desenvolvemento comeza cunha fase de xeración de ideas creativas onde, mediante diversas técnicas de creatividade que nos axudan a pensar fora da caixa, apórtanse ideas cun enfoque disruptivo, que solucionen os insights previos. A continuación selecciónanse unha ou varias solucións concretas e prototípanse, testeando finalmente o noso proxecto (produto, marca ou servizo) co noso público obxectivo antes de comercializalo ou de poñelo en práctica.

O Design Thinking aproveita a experiencia en proxectos de innovación e os métodos do ámbito do deseño, para facer coincidir as necesidades dos usuarios co que é factible tecnoloxicamente e viable economicamente, creando valor para o cliente e oportunidades para o mercado.

Promovida pola Universidade de Standford, o Design Thinking foi adoptado nos últimos anos como a metodoloxía de referencia en diversos ámbitos, coma nos negocios, en proxectos de saúde, na innovación educativa, na política ou na innovación social.

Así entidades de referencia como Google, Clínica Mayo, Airbnb, Toyota ou IBM implementaron esta metodoloxía con moito éxito.

“Se buscas resultados distintos, fai cousas diferentes” (Albert Einstein)