Niños Feedback
23
Feb

O feedback na educación

Fai unhas semanas falabamos da aplicación do Design Thinking na educación e o efecto que produce non só na experiencia de aprendizaxe e os seus resultados, tamén na mellora das capacidades dos rapaces e incluso na formación da personalidade.

Un dos aspectos que conseguiu un maior efecto positivo nos nenos e nenas cos que nos traballamos é o feedback. Podemos definilo como a resposta ou a opinión doutra persoa como reacción a un feito concreto.

Dende que somos pequenos expoñémonos a unha cantidade enorme de feedback: as reaccións dos nosos pais e profesores ante cousas tan sinxelas coma os debuxos ata os resultados dos exames, pasando polas rifas na clase diante de todo o grupo. Polo xeral, podemos dicir que o feedback que recibimos ó longo da nosa vida vai evolucionando. Cando somos pequenos soe ser maioritariamente positivo e máis constante, mentres que cando medramos imos deixando de recibir este tipo de retroalimentación, que se convirte en infrecuente, impreciso e con tintes máis negativos. As persoas do noso redor consideran que non é necesario dicir o ben que fas as cousas porque xa o sabes de sobra, e so recibes noticias do que fas mal. “Xa esqueciches de novo facer as tarefas”, “esta conta está mal feita”, “non se entende a letra” e así un longo etcétera.

O impacto é tan grande que, sen ser conscientes, tendemos a creer máis as críticas negativas que aquelas que resaltan o que fixeches ben, e se che din algo bo, é que algo queren de ti. Moitos de nós imos acumulando inconscientemente este efecto na nosa autoestima, na nosa confianza e na nosa capacidade de afrontar as críticas.

Por iso, dende Designthinking.gal reclamamos o papel primordial do feedback no só no noso traballo tamén no noso día a día. O feedback específico, persoalizado, emitido con certa constancia e que resalte os aspectos positivos da persoa á que vai dirixido consegue uns resultados incribles en todas as persoas. Nós probámolo co noso proxecto educativo VermisLAB e a día de hoxe conseguimos mellorar a confianza daqueles que dudan ó compartir as súas ideas, a cohesión grupal e o traballo en equipo, a creación de máis e mellores ideas e proxectos, que desexen recibir maís feedback e, todo isto, mentras se divirten aprendendo.

Deixámosvos uns consellos para dar o feedback que poderedes aplicar tanto no voso entorno laboral coma no voso día a día:

1) Comezar verbalizando que todo o que dis é co afán de mellorar e baixo a túa opinión.

2) Dar un feedback específico, facendo referencia a aquel comportamento ou resultado que queres reforzar.

3) Coidar o momento temporal para dar o feedback, non deixar pasar moito tempo dende que se produce iso que queres reforzar.

4) Resaltar os aspectos positivos da persoa e o seu rendemento, todo o que aprendes desa persoa.

5) Se tes que comentar algo negativo, aplica a “técnica do sandwich”: comezar por unha mensaxe positiva, dicir aquel aspecto ou apreciación de carácter negativo no medio do razoamento e rematar resaltando as cualidades positivas ou cunha mensaxe que transmita a túa confianza en que a próxima vez será mellor.

Se non llo dis, como esperas que o saiba? 😉

Leave a Reply