O Visual Thinking
O Visual Thinking, ou Pensamiento Visual, defínese como a expresión de ideas ou pensamentos mediante imaxes. Trátase dunha ferramenta moi útil cando realizamos un traballo en equipo, xa que compartir as ideas en formato visual axuda a comunicalas de xeito máis eficaz que por escrito, incrementando a eficiencia do grupo de traballo. É un complemento excelente á metodoloxía do Design Thinking, especialmente na fase de ideación, esta é a razón pola que a implementamos nos nosos obradoiros.
Aínda que está en auxe hoxe en día, esta ferramenta vense empregando dende hai miles de anos. Probablemente o exemplo máis antigo de Visual Thinking sexan as pinturas rupestres, onde víamos como os homes se organizaban para cazar e eles mesmos podían observar ese proceso.
Pero máis aló deste exemplo, o Pensamento Visual ten a sua orixe en 1969, coa publicación do libro “Visual Thinking” escrito por Rudolf Arnheim. Este foi un psicólogo e filósofo alemán, catedrático en Psicoloxía do arte pola Universidade de Harvard e cunha gran produción literaria e científica sobre a psicoloxía do arte, a percepción das imaxes e o estudo da forma. Ainda que Arnheim é o creador, Dan Roam, co seu libro “Tu mundo en una servilleta”, é considerado hoxe en día como un dos maiores expertos nesta materia.
Dam Roam emprega esta metodoloxía cun proceso de 4 pasos, co que, según él, explótase moito máis o pensamento visual: mirar, ver, imaxinar e mostrar. A través de todos estos pasos conseguiríamos expoñer unha mensaxe, idea ou pensamento; indagar no que hai na sua base, observar as relacións internas e comprender en maior medida o que se ocultaba a primeira vista.
Actualmente,é un recurso moi empregado en procesos de xeración e innovación nas empresas, numerosas compañías implementaron esta ferramenta nos procesos creativos con moi bos resultados. Referímonos a empresas como Apple, Google ou Ebay pero tamén a pequenas empresas e incluso a emprendedores e a nivel individual.
As principais razóns, e tamén vantaxes, polas que é útil empregar o Visual Thinking nos nosos proxectos son:
- O cerebro pensa mellor en imaxes, isto é, visualizar unha imaxe cústalle menos que ler unha palabra, procesala e facerse unha idea do que di esa palabra. O cerebro procesa a información visual 60.000 veces máis rápido que o texto.
- As imaxes axudan a entrever relacións entre obxectos que quizais doutro modo non seríamos capaces de ver e que poden dar lugar a novas ideas e solucións non obvias que nos permitan innovar.
- É algo innato ó ser humano, debuxamos dende que somos pequenos, e ainda que non sexamos grandes artistas, os debuxos básicos que representan conceptos podémolos facer todos, con resultados de comunicación excelentes.
Unha bo xeito de integrar esta ferramenta na nosa metodoloxía de traballo é combinándoa con técnicas creativas. En Designthinking.gal empregamos con frecuencia o Visual Thinking durante os procesos de brainstorming, xa que nos axuda a axilizar a xeración de ideas. A posibilidade de ver directamente con imaxes ou iconos as ideas dos demais, sen necesidade de falar ou explicalas, axuda ó noso cerebro a pensar máis rápido e a ser capaz de xerar novas ideas a partir das xa expostas
Veña, agora deixa de ler a ponte a debuxar 😉