Design thinking en DKV
27
Abr

Obradoiro de Design Thinking en DKV

A semana pasada tivemos a oportunidade de impartir un obradoiro de Design Thinking na sede central da empresa DKV en Zaragoza, sen dúbida unha gran experiencia que paso a resumir.

O martes 19 ás 9 da mañá chegamos á torre DKV, situada no complexo coñecido como o World Trade Center. Ainda que por fora é un edificio máis, a perspectiva cambia cando entras, xa que nos atopamos cun espazo onde a tecnoloxía máis punteira se fusiona co deseño más vangardista, a accesibilidade e a eficiencia enerxética, sen dúbida un espazo ideal para aplicar o Design Thinking. 

Imaginar

Á nosa chegada, recibiunos Beatriz Aguado, responsable de formación e a persoa que confiou en DesignThinking.gal para este proxecto, quen nos acompaña á zona de formación na planta 9, concretamente dirixímonos á aula “imaxinar”.

Ás 10 xa está todo listo e tras unhas dinámicas iniciais para activar o cerebro e desinhibirnos, explicamos que é a creatividade e as diferentes técnicas para desenvolvela. A partir de aquí realizamos diferentes exercicios que serven @s alumn@s para interiorizar esas técnicas e poder implementalas despois nun proceso de creación. Durante a realización destes exercicios dámonos conta de que estamos ante un grupo sobresaínte, que apunta maneiras de cara ás dinámicas que estaban por vir.

A iso das 12 realizamos unha pausa café para coller forzas e ás 12:30 comezamos a desenvolver o apartado adicado ó Design Thinkng. Despois dunha pequena introdución teórica, dividimos a clase en grupos que comezaron a desenvolver o proxecto proposto. As sospeitas sobre @s alumn@s confirmáronse, xa que tanto as capacidades de comunicación como de traballo en equipo estaban moi desenvoltas, o que fixo que apenas tivésemos que intervir durante as dinámicas. Despois de rematar a fase de produción das ideas realizamos os prototipos e a iso das 15:00 finalizamos a formación ata o día seguinte.

Clase

O mércores comezamos de novo con forza, activando as conexións neuronais e preparándonos para a parte de storytelling, marketing e publicidade. Tras explicar os conceptos básicos realizamos unha serie de dinámicas entorno ó transmedia storytelling, un concepto que está cambiando totalmente o mundo da comunicación das empresas cos seus clientes.

A partir do descanso das 12, os equipos comezaron a desenvolver a presentación dos proxectos integrando todo o aprendido durante a xornada, a cal tería o seu culmen coa grabación dun pequeno spot e a visualización na aula.

Ás 14:00 cada grupo presentou o seu proxecto e tras o feedback final realizamos unha valoración xeral do obradoiro, a cal non puido ser máis positiva. Tras despedirnos coa sensación do traballo ben feito, quedamos para os días 4 e 5 de maio, cando aplicaremos o Design Thinking para desenvolver un novo produto da compañía, o que coñecemos como Design Thinking in company

Ata agora sabíamos que DKV era unha gran empresa, pero o que no sabíamos era o nivel tanto profesional como humano das persoas que traballan alí, da súa gran comunicación interna e a súa facilidade para traballar en equipos multidisciplinares, sen dúbida do mellor que nos atopamos ata o momento. Terá algo que ver o entorno de traballo? Nós estamos convencidos diso.

Leave a Reply