consumo colaborativo
2
Feb

Por que somos fans do Consumo Colaborativo

Algún día cando ollemos cara atrás ao século XX preguntarémonos por que demos en posuír tantas cousas.

Mirando aínda máis atrás, despois de miles de anos de economía de subsistencia, no século XX, as economías industriais do Occidente e do resto do mundo lanzáronse á produción de bens de consumo: coches, frigoríficos, televisores, teléfonos, computadores… Construiuse unha sociedade da propiedade que a publicidade se encargou de fomentar.

Por que non compartir coche, atopar aloxamento na casa de alguén que non coñeces ou alugar unha bicicleta cando se está viaxando?

“A tendencia é clara: o acceso vence á posesión. O acceso é mellor que a propiedade.”. (Kevin Kelly)
Onde está a orixe do Consumo Colaborativo? En Internet e na recesión.

  1. Napster permitiu a dixitalización e a capacidade de compartir, o que fixo que posuír CDs resultase superfluo.
  2. En 2008, a arquitectura financeira que foi construída para xestionar a propiedade (subprime, os fondos tóxicos …) colapsou.

As persoas non poden mercar cousas se están desempregadas. Isto é aínda máis pronunciado entre os mozos, que teñen soportado o peso da recesión cunha taxa de desemprego do 25% nonoso país. Son eles que están liderando unha forma diferente de consumo, consumo de colaboración: alugar, prestar e  compartir bens en lugar de compralos.

Empresas como Netflix, con máis de 20 millóns de abonados, permite compartir DVDs: é só unha evolución das antigas empresas de aluguer de vídeo, adaptadas á era de Internet.

Hai unha compoñente ambiental: intercambio e aluguer significa producir e gastar menos cousas, que ademais de ser bo para o planeta, nos fai mellores. Alugar a ferramenta o día que se precisa para facer un burato é máis barato e máis sustentable que mercar unha.

O movemento corresponde a un estilo de vida urbano no que temos veciños e falta de espazo de almacenamento.

O beneficio real deste tipo de consumo é social: compartirmos cousas, mesmo con estraños que só coñecemos en liña, e o intercambio de igual a igual implica un rexurdimento da comunidade.

Isto funciona porque a confianza é unha nova moeda de intercambio… Como senón, meter na casa a un descoñecido, montar no coche dun estraño ou prestarlle diñeiro?

“Non hai ningún pracer en ter unha cousa non compartida” (Séneca)

Leave a Reply