ACEESCA – Team Building para traballar as problemáticas diarias

Info

Proyecto Team Building para traballar as problemáticas diarias
Cliente ACEESCA
Año 2018

Nesta ocasión realizamos unhas xornadas de Team Building co equipo de Aceesca.

En primeiro lugar realizamos dinámicas de creatividade e traballo en equipo para xerar un bo clima de traballo. A partir de aí os/as traballadores/as identificaron problemáticas do seu día a día e identificamos os insights de cada unha delas.

En segundo lugar realizamos unha dinámica de creación de súper heroes/heroínas que axudasen a combater as problemáticas detectadas previamente.

Tanto a dinámica anterior como o resto de actividades realizadas axudaron a forxar un clima de confianza que axudará na realización dos novos proxectos que pretenden levar a cabo.