

Info
Comezamos o proxecto realizando numerosas entrevistas en profundidade tanto ós profesionais do centro como ós pacientes. Deste xeito conseguimos información de gran valor que, tras ser analizada, nos amosou os insights sobre os que traballar.
O primeiro insight foi a experiencia do paciente, a cal melloramos desenvolvendo un protocolo de atención, seleccionando unha nova música e redeseñando os espazos para que puidesen transmitir o benestar adecuado.
O outro insight chave foi a comunicación, xa que a imaxe que se proxectaba ó exterior pouco ou nada tiña que ver coa real. Para isto traballamos a varios niveis, comezando por concretar xunto á empresa un discurso que a definise e deseñando posteriormente unha nova imaxe corporativa e unha estratexia de comunicación que o reflectise.