Info
Formación en Design Thinking durante seis xornadas para profesores e profesoras de toda Galicia de distintos niveis educativos (infantil, primaria e universitario) no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). O obxectivo das xornadas foi formar aos docentes tanto en metodoloxía do Design Thinking como en diferentes tecnoloxías do mundo maker, como Micro:bit ou Scratch, para que as puidesen incorporar no seu traballo de aula.