COFC – Formación en comunicación y estrategia de venta, programa AdherenciaMED

Info

Proyecto Formación en comunicación y estrategia de venta, programa AdherenciaMED
Cliente COFC
Año 2018

Desenvolvemos unha formación especializada en comunicación e estratexias de venda para o programa AdherenciaMED desenvolto polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. O obxectivo era dotar aos/ás farmacéuticos/as dos mecanismos necesarios para captar e comunicarse cos seus pacientes nas distintas fases deste programa.

Por unha banda traballouse a mellora da comunicación dos farmacéuticos cos seus clientes, para o que se explicaron e se realizaron dinámicas relacionadas con:

  • Niveis de comunicación: verbal, non verbal e contorna.
  • Técnicas de persuasión.
  • Presentacións áxiles ou Elevator Pitch.
  • Obtención do feedback.
Por outra banda déronse estratexias para conseguir unha comunicación exitosa cos distintos tipos de clientes que se poden atopar nas farmacias: dominante, distraído, reservado, locuaz, indeciso, arrogante, inestable, lento e o desorientado. Para poñer en práctica a adquisición destas habilidades realizouse unha dinámica de role play, onde os farmacéuticos debían interactuar con cada un destes perfís.