Info
Debido á crise orixinada polo coronavirus e o incremento no número de contagios, o 14 de marzo de 2020 decretouse en España o estado de alarma. #Ante as dificultades dos centros sanitarios para conseguir material sanitario, unha semana despois e en colaboración con Acción explorer e The fish, decidimos lanzar Cooperavirus.
O proxecto implementouse en dous días, grazas ao traballo dun equipo multidisciplinar formado por enxeñeiros, médicos, deseñadores, makers e programadores.
Durante o mes posterior ao estado de alarma, o equipo de Cooperavirus puxo en contacto demandas certificadas de centros sanitarios con empresas, makers ou voluntarios que as puidesen satisfacer e desenvolveu solucións xunto a diferentes actores da industria, redeseñando procesos e escalando solucións achegadas pola comunidade maker.
O proxecto mobilizou máis de 80000 unidades de material sanitario por toda España e deixou de estar activo coincidindo co proceso de desescalada e a chegada de material sanitario por parte do estado.