Info
Deseño e desenvolvemento de 3 Workshops de 6 horas de duración para dotar aos empregados da compañía de técnicas creativas para a resolución de problemas.
Despois de realizar diversas dinámicas de intelixencia emocional e visual thinking, os diferentes grupos integraron técnicas de creatividade como o brainstorming ou o SCAMPER.
Tras esta fase levouse a cabo un proxecto básico, para interiorizar a metodoloxía do Design Thinking, e os equipos remataron a formación presentando os seus proxectos e obtendo o feedback do resto de compañeiros.