Info
Realizamos un proxecto de consultoría en Design Thinking enfocado en cinco áreas estratéxicas da compañía ENCE. O obxectivo era potenciar a fidelización dos propietarios da madeira en cada unha destas áreas, para o que se dividiu aos 50 participantes en equipos multidisciplinares, cada un deles acompañado dun facilitador do noso equipo.
Empregando ferramentas de análise do usuario coma Personas, Mapa de Empatía ou Customer Journey Map, os diferentes equipos crearon solucións adaptadas aos seus perfís. A xornada rematou coa presentación das solucións desenvolvidas polos equipos de cada área estratéxica.