Info
Nesta consultoría estratéxica axudamos ao equipo de Teimas a conceptualizar novos produtos para a xestión de residuos dende un enfoque de economía circular. Este proxecto de innovación en produto desenvolveuse a partir dunha análise inicial, o cal se levou a cabo con ferramentas de análise do consumidor como o Customer Journey Mapa ou o Mapa de empatía. Neste proceso centrámonos en:
-Como se relaciona o usuario cos residuos?
-O proceso de transformación dixital na xestión de residuos.
Tras esta fase, os diferentes equipos levaron adiante unha conceptualización de diferentes produtos, axudados de diversas técnicas de creatividade como o moodboard, e remataron coa elaboración dun prototipo e a súa correspondente presentación.









