fbpx

Info

Proyecto 2018
Cliente XUNTA DE GALICIA
Año 2018

Participamos como docentes no programa Medrando Xuntas dirixido a mulleres directivas de toda Galicia. O obxectivo era empoderar ás participantes para fomentar o desenvolvemento de proxectos innovadores nas súas empresas.

Para iso formouse a estas directivas na metodoloxía do Design Thinking e en técnicas de creatividade, fomentando a empatía, o pensamento disruptivo e a colaboración entre distintos perfís profesionais.

A realización desta dinámica permitiu ás participantes mellorar as súas habilidades de liderado, xestión de equipos, resolución de problemas complexos e toma de decisións.