Info
Este proxecto consistiu na formación de ao redor de 200 profesores de educación infantil e primaria de toda Galicia. O obxectivo era formar aos participantes na metodoloxía do Design Thinking e no Movemento Maker para aplicalo nas súas aulas, provocando así unha transformación na forma de traballar dentro do sistema educativo.
Para conseguir isto estruturouse a formación a modo de hackathon nun formato de 3 días de convivencia. Dividiuse aos participantes en equipos con perfís diversos que debían desenvolver proxectos nos que implementasen tecnoloxías como Arduino, impresión 3D, electrónica ou Scratch.
A convivencia durante toda unha fin de semana permitiu xerar redes de colaboración entre os distintos profesores, o que provocou que este proxecto transcenda a estas xornadas de formación e se manteña vivo.
Máis información no noso blogue:
https://designthinking.gal/gl/design-thinking-e-movemento-maker-no-sistema-educativo/