diseño cooperativo cocreacion
28
Nov

Que é a co-creación e para que nos pode servir

Se hai un termo relacionado coa innovación que cada vez se escoita máis en calquera sector, ese é a co-creación. Aínda que o significado é sinxelo de entender, a súa implantación non o é tanto.

De onde vén a co-creación?

Facendo unha procura rápida por internet podedes atopar que a co-creación ten que ver coa economía colaborativa e que esta xorde como unha das respostas á crise de 2008.

En cambio se lle preguntades a un Design Thinker poderíavos dicir que a co-creación vén do deseño escandinavo cooperativo, como reflectimos no seu día cando falabamos da orixe do Design Thinking.

Facendo unha análise máis ampla poderiamos dicir, sen medo a equivocarnos, que o ser humano leva co-creando desde a súa aparición sobre a face da terra. De feito, moitos expertos aseguran que a capacidade de colaborar foi unha das claves que fixo que o homo sapiens sobrevivise como especie.

Por que está de moda a co-creación?

Se levamos tantos miles de anos co-creando preguntádesvos por que xusto agora está de moda esta forma de traballar. Pois ben, máis aló do “palabro”, que ten moito que ver coa necesidade humana de etiquetar para comprender, o auxe da co-creación xorde como todas as ferramentas relacionadas coa innovación: porque hai unha necesidade. 

Nestes momentos a cultura, a tecnoloxía e os usuarios cambiamos tan rápido que a maneira máis fácil para as organizacións de entender as súas necesidades a tempo é escoitando a estes usuarios durante o proceso de creación dun produto, un servizo ou un proceso.

Tipos de co-creación

prototipo cocreacion

Cando se fala de co-creación a visión que adoita haber é de dentro cara a fóra, da empresa ou organización ao mercado, onde os consumidores forman parte do proceso de creación do que van consumir.

Con todo, nós defendemos tamén outro tipo de co-creación que dá moi bos resultados para as organizacións e que normalmente non está tan presente, a  co-creación interna para solucionar necesidades da propia organización.

Nos últimos anos participamos en numerosos proxectos con organizacións de diferentes sectores e puidemos observar como esta forma de traballar para solucionar necesidades internas ofrece moitas vantaxes con respecto á forma clásica (a través de departamentos estancos ou dunha forma moito máis xerarquizada).

Vantaxes da co-creación dentro das organizacións

Algunhas das vantaxes de implementar a co-creación de forma interna á organización son:

-Maior sentimento de pertenza dos traballadores á organización

-Maior grao de responsabilidade ante o resultado obtido

-Incremento da motivación

-Mellora nas dinámicas de traballo en equipo

-Unha visión máis integral da compañía

-Procesos de traballo máis eficientes e áxiles

-Mellora das relacións interpersoais

Claves para realizar procesos de co-creación

trabajo en equipo cocreacion

Aínda que como comentamos a co-creación é algo inherente ao ser humano, a súa implantación nas compañías non é sinxela. A continuación comentamos unha serie de factores que hai que ter en conta se queremos poñer en práctica esta forma de traballar:

-Confianza e apoio desde a organización nesta forma de traballar

-Realizar unha profunda investigación cualitativa/cuantitativa

-Detectar correctamente os insights

-Contar con equipos multidisciplinares

-Contar con representantes de toda a cadea do proceso a co-crear

-Favorecer un ecosistema que favoreza a creación/innovación

-Eliminar as xerarquías durante o proceso

Hoxe en día a co-creación é unha opción cada vez máis utilizada dentro das organizacións e cremos que no futuro se pode converter nun estándar xa que nos permite afrontar escenarios complexos e cambiantes, dunha forma moi áxil, cos usuarios/consumidores no centro do proceso.

Portada: Laura Lizeth en Pinterest

Leave a Reply

Skip to content