21
Mar

A economía circular

A sociedade de consumo actual acostumou a entender o mundo baixo o prisma lineal de extraer/tomar, usar e tirar. Isto supuxo un grande impacto para o noso planeta que sofre as consecuencias deste modelo de consumo, por un lado esgotando os recursos naturais e por outro acelerando o quecemento global.

Aínda que este modelo está totalmente instaurado e normalizado, cada vez son máis as voces que piden un cambio, xa que esta forma de consumir non é sostible no tempo e supón a destrución do noso planeta.

Fonte: Ted.com

Unha destas voces é Ellen MacArthur, que en 2010 creou unha fundación que leva o seu nome e que defende que é posible outro tipo de economía que desvincule o desenvolvemento económico global de consumo de recursos finitos: a economía circular.

Que é a economía circular

A economía circular, aínda que soe a algo novo, leva con nós moitos anos a pesar de que non se chamase así. Un dos seus pais é Walter Stahel, aquitecto e asesor industrial suizo que nos anos 70 xunto a Genervieve Reday publicou un informe para a Comisión Europea titulado “O potencial para substituír a enerxía pola man de obra”. Este título, que resulta pouco intuitivo, pretendía chamar a atención e cuestionar o modelo lineal que levaría á destrución do planeta, substituíndo a enerxía necesaria para facer un novo produto polo enxeño e a man de obra para reparalo.

Desde entón e ata hoxe numerosos estudos aportaron luz para este cambio de enfoque, que actualmente está moi presente nunha das filosofías que está a cambiar o mundo da innovación como é o Movemento Maker.

Se somos precisos, e acudimos á definición oficial da fundación citada anteriormente, podemos atopar varias claves que nos ayudarán a entender este enfoque dun modo moito máis integral. Así a economía circular “é aquela que é restaurativa e rexenerativa a propósito, e que trata de que os produtos, compoñentes e materias manteñan a súa utilidade e valor máximos en todo momento, distinguindo entre ciclos técnicos e biolóxicos. Concíbese como un ciclo de desenvolvemento positivo continuo que preserva e mellora o capital natural, optimiza os rendementos dos recursos e minimiza os riscos do sistema ao xestionar reservas finitas e fluxos renovables”.

Principios básicos da economía circular

Fonte: Medium

Este novo modelo económico global articúlase en torno a tres principios básicos:

  1. Preservar e mellorar o capital natural controlando reservas finitas e equilibrando os fluxos de recursos renovables.
  2. Optimiza o rendemento dos recursos distribuíndo produtos, compoñentes e materias coa súa utilidade máxima en todo momento, tanto en ciclos técnicos como biolóxicos.
  3. Promover a eficacia dos sistemas detectando eliminando do deseño os factores externos negativos.

Principais características da economía circular

Ademais dos principios comentados no post anterior, a economía circular defínese a partir dunha serie de características:

Os residuos elimínanse na fase de deseño. Tanto as materias biolóxicas como as que non o son incorpóranse ao proceso pensando na súa compostaxe ou maximizando a retención de valor respectivamente.

ciclos técnico y biológico economia circular

 

Fonte: Fundación Familias Unidas

A diversidade xera solidez. A espello do que ocorre na natureza, a economía circular promove a diversidade no mundo empresarial para establecer un equilibrio a varias escalas de xeito que o sistema sexa sustentable a longo prazo.

As fontes de enerxía renovables impulsan a economía. A economía circular, como non podía ser doutra maneira, cre que as enerxías renovables deben mover o mundo.

Hai que pensar en ¨sistemas¨. No noso mundo todo está moito máis conectado do que cremos e unhas accións nun sector determinado poden repercutir noutro sector, noutros usuarios ou ecosistemas diferentes dos que pensabamos. Por iso é importante analizar ben estas vinculacións e visualizar o sistema que forman antes e durante o proceso de levar a cabo un proxecto.

Os prezos deben reflectir os custos reais. Desta forma os usuarios temos moita máis información acerca de que % do custo leva o produtor, canto o transporte e canto o vendedor, evitando incrementos inxustificados de prezos que se atopen fóra de mercado.

Relación entre a economía circular e o Design Thinking

A economía circular chegou para quedarse e trata de solucionar un problema que causou o ser humano: a sobreexplotación dos recursos e a contaminación do planeta.

isla de plástico en el océano pacífico

Fonte: Discovery

Isto, como comentamos no post anterior, foi ocasionado por unha economía lineal curtoplacista que só pensa en extraer, transformar e tirar. Un exemplo é a illa de plástico que se atopa no Pacífico, que xa supera os 1,5 quilómetros cadrados de superficie.

Esta economía formou parte da industria desde os seus inicios e foi a que lle marcou os tempos ás empresas á hora de desenvolver e sacar os seus produtos ao mercado. De ahí que exista unha relación directa entre a metodoloxía do deseño e a economía circular, digamos que a segunda ven a solucionar os fallos que o sistema produciu na primeira.

Guía para el diseño circular

Fuente: IDEO

Así a economía circular engadiu novos inputs ao proceso de deseño, ata o punto que a consultora IDEO, principal promotora da metodoloxía do  Design Thinking, deseñou unha guía de deseño para a economía circular. Agora non só vale empatizar coas persoas, tamén o debemos facer coa natureza e aprender dela se queremos salvar o noso planeta.

Aínda que tod@s (deseñadores, enxeñeiros, economistas, científicos, usuarios, etc.) puidemos facer máis por non chegar a este punto de colapso da contorna natural, estamos a tempo de reverter a situación e acoller un novo modelo que nos axude a sobrevivir, ese modelo podería ser a economía circular.

Leave a Reply