Que é Designthinking.gal

Designthinking.gal somos unha consultora que desenvolve programas de formación e proxectos de innovación a través da metodoloxía do Design Thinking.

Formamos un equipo multidisciplinar con ampla experiencia internacional e con especialistas en ámbitos moi diversos, desde a psicoloxía ou a antropoloxía á enxeñería ou a comunicación, o que nos permite ter un enfoque máis integral en proxectos de innovación e unha oferta formativa máis ampla e especializada.

Nos últimos anos organizacións de referencia como Google Campus, ONCE, DKV, Everis, Finsa, Acciona, Osakidetza ou EASP e universidades como Nebrija, Universidade Europea, UNIR, USC, UDC, ou Cesuga confiaron en nós para desenvolver proxectos de innovación e programas formativos.

 

¿Queres formarte en innovación e desenvolver un proxecto innovador?

Contáctanos

 

Como traballamos?

En Designthinking.gal somos fieis á metodoloxía da que partimos, o Design Thinking, e empezamos todos os proxectos cun alto grao de empatía coas persoas ou organizacións que nos contactan. A partir de aí co-creamos de maneira conxunta unha proposta coa que podamos resolver os obxectivos expostos e empezamos a facer. No noso proceso de traballo hai tres aspectos que nos fan diferentes:

Deseñamos ecosistemas de confianza

Estamos convencidos de que a confianza é un aspecto clave para innovar, por iso investimos gran parte do noso tempo en deseñar ecosistemas de confianza. Queremos que todas as persoas que forman parte dun proxecto se sintan cómodas, escoitadas e entendidas, podendo así participar en igualdade de condicións e achegar o maior valor posible.

Facilitamos ferramentas accesibles para innovar

Moitas das ferramentas que se utilizan en procesos de innovación non son accesibles a todo o mundo, tanto por ser moi complexas a nivel de proceso como por non ter en conta a diversidade de usuarios que as poden utilizar. Isto xera barreiras de participación nos proxectos, por iso levamos tempo traballando en redeseñar estas ferramentas para achegalas da forma máis accesible posible.

Gamificamos os procesos de innovación

A medida que medramos e nos facemos maiores temos máis coñecementos pero tamén máis medos e máis barreiras mentais, o que limita a nosa capacidade creativa e de experimentación, aumentando os nosos medos, principalmente o medo ao erro. A innovación é un proceso de creación e como tal tería que ter espazo para esa experimentación, entendendo o erro como parte inherente ao propio proceso creativo.

Cando xogamos, esas barreiras mentais e eses medos diminúen e aumenta a diversión e a motivación, tanto a nivel individual como de equipo, o que ademais de mellorar os resultados mellora a experiencia creativa.

Quen forma Designthinking.gal?

Designthinking.gal está formada por un equipo multidisciplinar, con ampla experiencia internacional e con especialistas en ámbitos moi diversos, desde a psicoloxía social, ao deseño, pasando pola enxeñería ou a comunicación. Isto permítenos ter un enfoque máis integral en proxectos de innovación e unha oferta formativa máis ampla, especializada e rica.

Con quen traballamos?

Nos últimos 10 anos desenvolvemos máis de 50 proxectos de innovación e formáronse connosco máis de 3000 alumnos e alumnas.

Durante esta etapa organizacións de referencia como Google CampusONCEDKVHijos de RiveraCruz RojaFinsaAccionaENCEOsakidetza ou EASP confiaron en nós para desenvolver proxectos de innovación. No ámbito educativo desenvolvemos programas formativos para UNIRUniversidad EuropeaUniversidad de NebrijaUSCUDCUVigo ou Cesuga entre outros.

¿Queres formarte en innovación e desenvolver un proxecto innovador?

Contáctanos

Skip to content