Rendibilidade da implementación do Design Thinking en saúde
Retorno económico do Design Thinking no ámbito sanitario
As vantaxes ou beneficios de aplicar a metodoloxía do Pensamento de Deseño no ámbito sanitario son múltiples e prodúcense a distintos niveis: para os pacientes, a sociedade e tamén para os propios organismos ou empresas. Xa consideramos os beneficios que supón para o paciente neste post, así que agora centrarémonos nos beneficios económicos e de innovación.
Implementar o Pensamento de Deseño na saúde non só aporta melloras na experiencia do usuario, senón tamén supón unha alta rendibilidade para a organización sanitaria. Algúns estudos como o levado a cabo por Innovate UK avalan que por cada euro que se inviste en deseño, as empresas poden ingresar ata 20 adicionais, un aumento de 4€ no resultado neto de explotación e un retorno de 5€ no aumento das exportacións.
Na práctica desenvolvéronse multitude de intervencións no ámbito sanitario empregando o Design Thinking como metodoloxía de traballo, resultando beneficiosas a distintos niveis. Por exemplo, o departamento de cardioloxía de Rigshospitalet chegou a aforrar a cantidade de 536.000€ nos custos de operación, centrándose nas experiencias significativas dos pacientes e planificando o servizo sobre esta base. Outro exemplo atopámolo no Hospital Universitario de Oslo, onde reduciron nun 90% o tempo de espera dos diagnósticos de cancro de peito, optimizando os procesos desde a perspectiva do paciente.
Design Thinking como estratexia de innovación en produto sanitario
O Design Thinking resulta unha ferramenta de gran axuda cando nos topamos con problemas ou dificultades que teñen un fondo maior do que poida parecer a simple vista. Esta metodoloxía axúdanos a detectar os insights, as verdadeiras necesidades dos consumidores ou usuarios, e por iso resulta moi útil para innovar, especialmente no ámbito sanitario. Cun breve exemplo onde se relata a creación dun novo produto de hixiene na saúde entenderedes as vantaxes que supón o uso desta metodoloxía neste ámbito.
Un traballo levado a cabo en EEUU deu como resultado que 2 millóns de persoas adquirían infeccións despois de ter sido admitidas nun hospital, rematando en morte anualmente 100.000 delas. Ademais, cada infección supón un custo para a organización, calcúlase que en torno ós 47.000 dólares nos Estados Unidos, é dicir, o custo anual correspondería a 5,7 billóns de dólares.
Unha das propostas que se poderían facer a simple vista e sen maior análise é un protocolo de lavado de mans ben mediante o clásico auga e xabón ou ben mediante o dispensador de alcohol en xel. Porén, máis do 50% dos profesionais estadounideses non empregan ningún destes dous métodos, polo que dita intervención, de levarse a cabo, sería un tremendo erro.
Aplicando o Design Thinking analizouse a problemática desde a perspectiva dos propios profesionais, co afán de dilucidar as razóns polas que non levaban a cabo estes protocolos de hixiene. Atopouse que estes profesionais non consideraban necesario lavar as mans cando entran e saen das salas dos pacientes, ademais, realizan un promedio de 5 visitas por cada paciente nun día de traballo.
Facendo unha análise detectouse que os profesionais sanitarios, ó longo dun día de traballo, tiñan 70 puntos de contacto con pacientes, o que implicaría lavar as mans 70 veces ó día. Isto supón un gasto de tempo excesivo para estes profesionais, ademais dunha gran dificultade para levar a cabo o protocolo xa que non teñen capacidade en todos os puntos de contacto para limpar as mans.
Fuente: Chicago Magazine
Analizando a problemático propúxose deseñar un novo método que facilitase levar a cabo o protocolo. A solución acadada foi o SwipeSense, un sistema que combina a hixiene das mans no punto de atención co uso de datos en tempo real para eliminar a dependencia de observacións manuais e incrementar o cumprimento dos procedementos de control de infeccións. A nivel de resultados observouse un incremento da limpeza de mans entre os profesionais do 64%.