London Academy
23
Mar

Semana do Design Thinking e a Innovación en Future London Academy (I)

A semana pasada fomos convidados a formar parte na semana do Design Thinking e a Innovación organizada pola Future London Academy en Londres. Foi un pracer poder compartir as nosas experiencias con todos os asistentes e profesionais que participaron no evento.

As instalacións que nos facilitaron ós convidados foron inmellorables, no corazón de Londres (Old Street, Shoreditch) onde se pode respirar deseño e cultura en cada paso que das polas rúas.

O luns á mañá visitamos as oficinas da compañía Head en Tottenham Court Road onde falamos con Lola Oyelayo (directora de estratexia e experiencia de usuario de Head) sobre como ser creativo nun mundo Agile (áxil). Tamén debatimos os valores que toda compañía debería ter: integridade, colaboracionismo e a busca da excelencia no traballo; e como empregar unha ferramenta como o Product Canvas nos pode axudar a crear novos produtos neste mundo Agile, en constante cambio.

Durante esta semana volveuse a insistir no que levamos tempo comentando tanto nos nosos obradoiros coma no noso blog, e é que neste mundo áxil no que vivimos, se queremos ter éxito debemos:

  • Entender a creatividade dende unha perspectiva e pensamento diverxente. Isto significa estar sempre aberto a diferentes posibilidades, o camiño nunca é unha liña recta.
  • Usar os condicionantes ó noso favor. Facer un proxecto de cero, sen ningún dato, é moi difícil, canto máis aberto é o proxecto, máis cousas haberá que poidan afectarlle e máis difícil será definir o obxectivo. Citando a Igor Stravinsky “Cantos máis condicionantes un se pon, máis se libera a sí mesmo”.
  • Crear espazos e procesos creativos. Temos que crear un espazo limitado se queremos conseguir solucións creativas. Falamos de espazo como unha ferramenta de documentación, se convertemos o noso entorno de traballo nun espazo creativo non teremos que documentar cada pequeno paso do proxecto, na maneira tradicionalmente empregada.
  • Non ser contrario ós cambios. O ritmo actual cambia as cousas, na era dixital non para de acelerar, o que crea unha necesidade de cambio e evolución para seguir aportando valor no noso traballo. Proba sempre diferentes métodos e cambia a maneira na que miras ó mundo.

Durante a tarde falamos con Darius Pocha de Joy Lab sobre Neurociencia e Deseño. Como podemos potenciar a nosa creatividade se entendemos como funciona o noso cerebro. Dende un punto de vista anatómico deberíamos intentar hackear a DMN (Red Neuronal Involuntaria) dos nosos cerebros para “pontear” a coñecida como “Teoría da mente” a cal nos conta como o noso sistema límbico nos mantén alerta, facéndonos, dese modo, perder a concentración nas cousas que facemos.

Para logralo,  e explicado en palabras más coloquiais, deberíamos sempre: estar interesados no tema no que estamos traballando, crear un ambiente no cal nos sintamos cómodos (calmado e relaxado, fóra de distraccións) e permitir buscar sempre a asociación de diferentes ideas.

O martes comezamos falando de Big Data e creatividade con Iason Pakogiannis da empresa Yieldify.

Máis tarde visitamos a Bia Bezamant e Will Seymour de GDR quenes nos ensinaron como ofrecer servizos de investigación ós nosos clientes, basándonos en tendencias, análises cualitativos, tendencias socioeconómicas e predicindo futuros escenarios. Tamén aprendemos como facer relacións simbióticas con diferentes empresas creando unha rede de coñecemento e contactos.

E para finalizar compartimos ideas e diferentes exemplos de servizos creativos neste novo mundo dixital: “Os clientes non diferencian entre o mundo físico e o dixital, as empresas tampouco deberían”.

Pechamos o día cunha moi boa e interesante visita ó Design Council onde nos deron unha gran explicación de como empregar o deseño dende unha pequena escala dos píxeles á gran escala dos edificios e espazos, co obxectivo de mellorar a vida das persoas. Deberiamos ver o deseño dende un punto de vista amplo e como un xeito de achegarnos ós problemas. Pero, ademais, se falamos dende un punto de vista económico, o deseño é moi rentable, o Design Council mediu o impacto do deseño e descubriu que de cada Libra invertida en deseño xerábanse 3 de beneficio. Quizáis este feito non é fácil de ver a primeira vista para moita xente, pero a longo prazo obterás moito máis do que invertiches en deseño.

Para aprender máis sobre o que pasou na semana do Design Thinking e a Innovación, non te perdas a segunda parte deste post a próxima semana 🙂

Leave a Reply