London Academy
30
Mar

Semana do Design Thinking e a Innovación en Future London Academy (II)

O mércores coñecimos a Jody Shilliday, responsable do departamento de Redes Sociais de Fetch. A conversa foi moi interesante, debatemos sobre como chegar ó noso cliente obxectivo sen perder a identidade da nosa empresa; “tes que agrupar ás túas audiencias e persoalizar a túa mensaxe cara cada grupo o máximo que poidas, pero sempre mantendo a túa filosofía ou identidade”.

Tamén falamos da importancia de obter a maior cantidade de información posible de cada unha das plataformas pero “sen ser creepy” (dar medo), e cal é a información que podes esperar de cada unha das redes sociais. Por exemplo, Pinterest baséase na intención: a xente que está planeando facer algo.

Cargados con moita enerxía visitamos as oficinas de Tobias & Tobias  onde tivemos o pracer de coñecer a Alberta Soranzo e falar sobre Innovación e Deseño.

Future-London-Academy-08

“Unha experiencia 360 é o fin satisfactorio do emprego dun produto ou servizo”, con esta frase de Joe Maclead, comezamos a pensar sobre a experiencia de usuario e debatemos sobre o “gráfico da dor” no cal podemos reflexar as boas e malas experiencias durante o uso dos nosos produtos. Non importa se o teu produto ou servizo é moi bo, se hai poucos picos na gráfica, eses picos son malas experiencias durante o uso e aínda que sexan pequenos detalles, é o que o teu cliente vai recordar de ti! Con isto en mente, que significa para ti ser deseñador? Estamos de acordo con Alberta en que “ser un deseñador é ser respetuoso coa xente para a cal deseñamos”.

Pola tarde e despois dunha parada creativa para xantar en Barbican Centre, visitamos Flux e falamos con Richard Poole sobre innovación e de onde nacen as ideas, a través de varios mitos sobre o deseño:

  1. A miña idea ten que ser boa. Todas as ideas son malas ata que alguén as fai boas, as ideas en sí mesmas non valen nada se non se persegue realizalas. Ten un montón para ter máis posibilidades.
  1. Hai xenios creativos detrás de cada gran idea. Non existe ese concepto de idea marabillosa, todas as ideas son a suma de moitas ideas xuntas ou a combinación de diferentes conceptos. Polo tanto colle todas as ideas que poidas, constrúe sobre as ideas dos outros, retorce unha idea ou técnica existente ata atoparlle o teu propio uso. Resumindo: fíxate ou date de conta das cousas que outros non son capaces.
  1. Protexe as túas ideas. Non confundas a idea coa solución, difunde as túas ideas libremente para que outra xente as mellore. Deste xeito sairás beneficiado. Un exemplo disto podémolo atopar en Tesla Motors.

Chegamos ó xoves cansados despois de tres días incribles compartindo coñecemento con moitas das compañías de deseño máis importantes de Londres, pero con moitas ideas e preguntas que nos inspiran.

Future-London-Academy-010

Na reunión da mañá seguimos falando de compartir, neste caso compartir espazo. Falamos con Francesca do espazo de coworking The Trampery, quen nos explicou que coworking significa moito máis que compartir oficina. Ten que ser un espazo onde ocorren cousas, onde se organizan eventos, onde as ideas son compartidas e postas en común para facer proxectos máis grandes e mellores. Como Francesca comentou: “os membros son como unha familia”.

Todavía había un montón de cousas reservadas para nós durante o día. Antes de nada, tiñamos unha visita planeada para atoparnos con Costas Papaikonomou fundador de Happen e Winkle.

Para el as frustracións son a semente fundamental da innovación. Deberiamos buscar as frustracións da xente para detectar oportunidades de negocio.

Future-London-Academy-03

Tamén analizamos tendencias e os conflictos entre elas, pero un consello simple permanece na miña cachola: “non sigas as tendencias, fainas”.

Houbo moitos outros temas interesantes durante a reunión: falamos sobre como atacar grandes problemas partíndoos en problemas máis pequenos pero durante o proceso, non no seu inicio; tamén falamos de non facer suposicións nun proceso de innovación, evitar a perda de tempo planeando demasiado algo en lugar de probar a facelo dun xeito rápido e de como “atallar” cara a innovación mediante o emprego de técnicas de creatividade que acostumamos a ensinar durante os nosos obradoiros. Poñamos un exemplo para ilustrar esto último: imaxina que tes un proxecto para deseñar un novo cortacéspede, unha boa técnica (analoxía fantástica) sería pensar como a xente do ano 2233 resolvería o proxecto e tratar de facelo factible para 2020. Con ese punto de vista quizáis chegásemos á conclusión de que á xente realmente non lle preocupan as características do cortacéspede, sinxelamente non lles gusta cortar a herba. Entón unha posible solución sería crear mediante bio-enxeñaría un novo tipo de herba que non creza máis que ata unha certa altura.

Como esta semana baseábase en exercitar os nosos cerebros e preparalos para seguir innovando a través do Design Thinking, fomos a visitar a Mind Gym onde falamos con Martha Wright sobre como obter datos a través da investigación.

“A xente non é racional, pero é predecible” polo tanto podemos mapear o seu comportamento. Falamos e practicamos con ferramentas e métodos que impartimos nos nosos talleres como:

  • Enquisas, tanto online como offline
  • Entrevistas e grupos de discusión
  • Observación
  • Cliente misterioso

Tamén falamos de entender a psicoloxía detrás da comunicación e comportamento das persoas. Por exemplo: un traballador dun centro de chamadas dando 5 respostas seguidas diferentes a 5 clientes co mesmo problema, oméntanos o moi aburrido que está no seu traballo e outras circunstancias que poden estar afectando ó seu redemento.

Future-London-Academy-09

Quero deixarvos con 5 consellos para as vosas investigacións que nos deron en Mind Gym e cos cales estamos dacordo: 1) Ten en conta que moitas veces a xente non actúa racionalmente; 2) Emprega diferentes métodos para conseguir os datos, non só un; 3) Pensa coidadosamente sobre o que crees que é sempre certo; 4) Atopa unha “gran” idea sobre a cal profundizar e 5) Non teñas medo de enfrontarte ás ideas dos teus clientes, recorda que ti estás ahí para dicirlles o que eles non foron capaces de ver.

Volve por aquí a semana que ven e non te perdas o post final desta serie con todo o que aconteceu no noso encontro con Michael Wolff e as conclusións finais.

 

 

Fotografías de Marta Nardo

Leave a Reply