Future-London-Academy
6
Abr

Semana do Design Thinking e a Innovación en Future London Academy III

Chegamos ó venres, que gran programa para pechar a semana. Pola mañá fomos a Central Saint Martins a falar coa profesora Lorraine Gamman que se inspirou na historia de Shirley Pitts, coñecida como a Raíña dos Ladróns, para iniciar un proxecto de deseño contra o crime. A DACRC (Centro de Investigación de Deseño contra o Crime) céntrase na xustiza social a través do deseño, que está directamente vinculado ó deseño de investigación.

Quedámonos moi impactados coa charla e a paixón que Lorraine pon en todo o que fai, explicounos que se queres deseñar contra o crime tes que entender á vítima e ó criminal. O 95% da xente non comete crimes e case nunca son tidos en conta cando se fan deseños antivandálicos, non é unha cuestión de evitar o crime sen importar perder a verdadeira razón e función das cousas. Unha vez comprendemos isto, podemos comezar a deseñar e a primeira cousa que habería que facer sería entender como traballan os criminais.

A DACRC emprega o Design Thinking e o extende á investigación do mal uso e abuso, para así averiguar a mellor forma de deseñar para o mundo real. A investigación ten que ser empregada para crear a definición do proxecto.

A profesora Gramman tamén nos falou sobre un tema que nos encanta: a democratización da innovación – como abrir a innovación e a investigación. Para isto, debería empregarse un método multidisciplinar e colaborativo. Isto inclúe colaboradores, redes, equipos especializados e usuarios.

Un gran exemplo é o proxecto de investigación para reducir os roubos en caixeiros automáticos. Foi aberto a nenos que compartiron cos seus pais as súas diferentes ideas que foron posteriormente testeadas.

Future-London-Academy-ejemplo-cajeros

Isto nos leva a recomendar e animar o emprendemento como parte do proceso de deseño de investigación.

Lorraine Gramman ensinounos un incrible proxecto no que traballaron conxuntamente con DESIS (Deseño para a innovación social cara a sustentabilidade) para investigar como traballar coas prisións. Eles aplicaron a metodoloxía do Design Thinking para traballar e conseguir que os reos se involucraran e traballaran no proxecto.

Isto fálanos do inmenso potencial que ten o Design Thinking mesmo no terreo persoal. Non importa se os resultados son bos (que o foron) ou non. O máis importante é a proba de que a xente, que inicialmente non quería aprender, acabou creando novos proxectos, desenvolvendo habilidades colaborativas e incrementando o autocontrol e a capacidade de resolución de problemas. E todo isto en tan só 8 semanas de clase!

Despois da incrible xornada de mañá que desfrutamos en Central Saint Martins, durante o noso traxecto a Territory Studio estabamos ansiosos de máis. Alí coñecimos a David Sheldon Hicks, co-fundador e director creativo.

Ensinounos as instalacións onde realizan traballos para a gran pantalla en películas como The Martian ou Os Vengadores e tamén outros servizos dixitais como videoxogos, branding ou efectos visuais.

Future-London-Academy-04

Captou a nosa atención o seu método de traballo e de presentación. A eficiencia era suprema, traballan con datas límites moi axustadas as cales lles obrigan a ser moi produtivos. Todavía máis destacable é o feito de que fan modificacións dos proxectos que están presentando ós clientes mentres envían a estes a desfrutar dun café un par de horiñas. Este método tan áxil fai moito máis fácil a toma de decisións e polo tanto máis factible alcanzar un acordo rápido.

E por último, tivemos o privilexio de coñecer a Michael Wolff, unha lenda do Branding. A charla foi unha lección maxistral de experiencia e coñecemento na cal nos explicou que o deseño é comportamente e, polo tanto, o branding tamén o é.

Coñecémonos a través de pequenos detalles de comportamento. As marcas son o resultado de como as persoas se expresan a través dese comportamento. Isto lévanos a aquelo do que normalmente falamos, recordas? Empatía, observación… 🙂

Rematou recordándonos que todos somos deseñadores de servizo, porque todos servimos a persoas. Isto lévanos ó que tantas outras veces mencionamos na nosa wen: tratamos de mellorar a vida das persoas.

Para isto, Michael falounos de tres músculos dos deseñadores:

  • Atención ós detalles
  • Apreciación. Como é ser outra persoa, poñerse na pel do outro. Isto significa deixar atrás todos os nosos prexuizos.
  • Imaxinación, a cal non é posible sen os dous puntos anteriores. E para todo iso tes que decidir cal é o teu propósito na vida e darte a ti mesmo a capacidade de expresarte: emprega o poder da linguaxe.

Así rematamos esta gran semana e, por suposto, cun brinde todos xuntos. Unha semana que eu resumiría con estas palabras:

Persoas: porque todos os retos que afrontamos teñen o seu principio e o seu fin nas persoas.

Experiencia: xa non buscamos produtos ou servizos, todos queremos vivir experiencias que contar ós nosos amigos e familia e sen dúbida vir a esta semana do Design Thinking e a Innovación foi unha moi boa.

Paixón: falamos sobre metodoloxías, investigación, técnicas, software, etc. Pero o que une a toda esta xente brillante que coñecimos é a paixón polo que fan. Non serían bos se non tivesen esa paixón.

Gustaríame agradecer de novo a Future London Academy pola súa invitación para ser parte activa na semana do Design thinking e a Innovación. Sen lugar a dúbidas anímovos a participar na seguinte edición para aprender sobre Design Thinking e innovación, pero sobre todo a vivir e compartir unha verdadeira e inspiradora experiencia rodeados de xente con talento de diferentes lugares do mundo.

Future-London-Academy-001

 

 

Fotografías Marta Nardo y Steve Russell

Leave a Reply