Team building

Team building

Numerosos estudos e investigacións, como os de Klein (2009), Tuckman (1965) ou Hackman (2002), demostran que as actividades de team building son moi beneficiosas para as organizacións.

Estas actividades de team building para grupos desempeñan un papel crítico na construción dun clima organizacional óptimo, xa que fomentan a confianza, melloran a comunicación, incrementan a cohesión e potencian a colaboración entre os empregados. O resultado dunha correcta implementación de estratexias de team building reflíctese nunha maior motivación e relaxación, traducíndose nunha maior satisfacción e eficiencia do equipo no seu traballo diario  e contribuíndo así ao éxito xeral da organización.

Queres organizar unha actividad de Team Building?

Contáctanos

Como deseñamos as dinámicas de traballo en equipo

En Designthinking.gal sabemos que non existe unha solución única para todos os equipos. Como cada equipo é diferente, coas súas propias fortalezas, debilidades e cultura única, cada dinámica de team building tamén o debe ser.

Por iso, tomámonos o tempo necesario para analizar cada caso con detalle. Baseándonos nos obxectivos específicos, o sector no que opera a empresa e as particularidades dos traballadores da organización, deseñamos actividades de team building ad hoc que se aliñan coas súas necesidades e metas específicas, promovendo un forte sentimento de pertenza no grupo.

Independentemente do tipo das actividades de team building que desenvolvamos, todas teñen en común que levan a cabo nun ecosistema de confianza, que son dinámicas de team building innovadoras, divertidas e teñen un enfoque participativo, baseándose nos principios do “learn by doing”.

Tipos de actividades de team building

Os formatos das actividades que ofrecemos son moi diversos e van desde un taller de teambuilding dunhas horas, centrado en potenciar a creatividade, mellorar a comunicación interpersoal ou a resolución de conflitos, ata un hackathon de fin de semana, que axuda a pensar fóra da caixa e a desenvolver conceptos innovadores nun formato intensivo.

Outra opción é realizar unha experiencia inmersiva que combine lecer e turismo con formación, ofrecendo unha contorna única no que os membros do equipo poden gozar da desconexión da súa rutina diaria, mentres se centran en construír relacións e potenciar habilidades de traballo en equipo.

Para aquelas organizacións que buscan unha experiencia máis lúdica e friki, ofrecemos outro tipo de actividades como a hebocon, unha competición de sumo de robots absurdos que están construídos con material de refugallo e elementos de electrónica básica. Recentemente, realizamos unha das máis grandes de España para o grupo Cinbio da UVigo.

Experiencia en team building

Durante a última década, realizamos dinámicas de team building moi diversas, en múltiples sectores e de diferente escala, traballando con grupos que van desde os 10 ata os 115 participantes.

Todas as nosas actividades de team building están desenvolvidas para ser inclusivas e accesibles, asegurándonos de que cada membro do equipo poida participar plenamente sen importar o seu rol ou nivel dentro da empresa.

Despois de cada sesión de team building, realizamos avaliacións para medir o impacto da actividade no equipo. Ofrecemos retroalimentación tanto aos participantes como aos líderes do equipo, garantindo que os beneficios do team building se mantéñan no lugar de traballo.

Queres organizar unha actividad de Team Building?

Contáctanos

Casos de éxito en Team Building

Skip to content