seis sombreros edward de bono
15
Mai

Técnicas de creatividade: os seis sombreiros para pensar

Se hai una técnica asociada ó mundo da creatividade que é moi coñecida a nivel mundial, se contar o brainstorming, esa é os seis sombreiros para pensar de Edward de Bono.

Esta técnica parte da base de que os seres humanos cando pensamos, normalmente o facemos sempre desde unha perspectiva determinada e que está dentro das seis que se definen. Para provocar pensar desde cada un deses puntos de vista se empregan sombreiros que ó poñelos lle indican ó participante que ten que cambiar de rol e situarse nunha determinada maneira de pensar.

Cales son os 6 sombreiros para pensar?

Os seis sombreiros definidos nesta técnica son:

Sombreiro Blanco. O color transmite neutralidade e ponnos na perspectiva do pensamento obxectivo, onde non entran en xogo as emocións nin as opinións, só os datos, feitos e cifras comprobables.

Sombreiro Vermello. O color transmite paixón e permítenos expresar os nosos sentimentos, a parte irracional e máis intuitiva. É moi importante para introducir novos valores e ás persoas dentro da toma de decisións.

Sombreiro Verde. É o color da vexetación, transmítenos crecemento, xeración, enerxía, por iso se asocia ó pensamento creativo. Este sombreiro se empregará para xerar ideas ás posibles problemáticas ou necesidades plantexadas e no seu uso teñen cabida moitas técnicas creativas coma o brainstorming ou as analoxías.

Sombreiro Negro. É o color da oscuridade e sitúanos nun punto de vista crítico e de cautela cara un plantexamento. Este é quizáis o punto de vista que máis soemos empregar no noso día a día xa que, ao fin e ao cabo, se trata de identificar perigos, posibles problemas, nunha soa palabra sobrevivir. O sombreiro negro permítenos poñernos alerta sobre todo iso que nos pode causar un problema, evita o ilegal, o perigoso, o contaminante, o gasto inútil, etc.

Sombreiro Amarelo. A súa cor asóciase co sol e coa súa luz e a súa aplicación permítenos ver o lado optimista das cousas e as vantaxes dunha idea. É o contrapunto do sombreiro negro e moito máis difícil de aplicar xa que, evolutivamente, non estamos dotados dun mecanismo optimista e sería dalgún xeito ir a contracorrente. Cando se emprega o sombreiro amarelo non hai que caer no erro do si polo si, se trata de partir dun plantexamento optimista que nos axude a atopar novas vantaxes ou valores onde antes non o viamos. É o sombreiro dos soñadores ou visionarios que traballan por conseguir o seu soño.

Sombreiro Azul. Trasmítenos o control e a súa función é xestionar a dinámica enfocando ós participantes o mellor posible para obter os mellores resultados. É o coñecido como o sombreiro de sombreiros e na aplicación da dinámica un dos integrantes ten que telo sempre presente.

Beneficios do uso dos 6 sombreiros para pensar

Algúns dos beneficios que nos pode ofrecer a utilización desta técnica son:

Permítenos ter unha visión integral da problemátcia a tratar. Normalmente cada un de nós está entre dous e tres sombreiros, polo que coñecer as outras ópticas sempre é moi enriquecedor ademais de útil para coñecer mellor o problema.

Acota o problema. Canto máis acotado teñamos un problema máis fácil vai ser solucionalo.

Entrena o pensamento lateral. O feito de recibir tantos inputs diferentes activa o noso procesamento lateral e permítenos poder descontextualizar solucións duns escenarios e levalas a outros.

Fai máis áxiles as tomas de decisións. Ó ter todos os puntos de vista dun proxecto, problema ou necesidade enriba da mesa, a toma de decisións se volve máis áxil xa que temos todos os factores controlados. Ademais temos a figura do sombreiro azul que axudará a enfocar nunha solución.

Separa o ego do pensamento. Ó poñernos os sombreiros o que fala é o sombreiro non nós, polo que non se trata de gañar unha discusión senón de aportar desde un punto de vista novo. Así o noso ego non nos limitará á hora de poder facer plantexamentos diferentes.

Como aplicar a técnica dos seis sombreiros

Para aplicar esta técnica con éxito o primeiro paso é definir o problema para resolver da mellor maneira posible e outorgar o sombreiro azul a aquela persoa que vai organizar a dinámica. A partir de aquí hai dúas variantes que pode levar a cabo o sombreiro de sombreiros:

1-Repartir os outros 5 sombreiros ós presentes e empezar a pedir opinión a cada un deles desde a cor do seu sombreiro.

2-Outorgar o mesmo sombreiro a tódolos participantes para que pensen á vez desde o mesmo punto de vista.

O uso destas variantes vai depender do criterio do sombreiro azul, podendo alternalas en función de como se desenvolva a sesión e buscando sempre que a dinámica resulte áxil e non se  enroque nunha discusión que non achega.

O tempo de uso de cada rol debe ser reducido, 1 minuto aproximadamente, para que se xere un efecto brainstorming e se produzan moitas opinións en pouco tempo. Unha vez os roles dan a súa opinión o sombreiro azul ten potestade para cambialos incluíndo o seu propio.

A sesión finalizará cando se termine o tempo asignado ou cando as opinións cheguen a un estado de saturación.

As seis lentes para pensar

seis gafas para pensar

Aínda que esta técnica é moi útil e adóitanse obter moi bos resultados, hai veces nas que non funciona xa que os participantes non logran meterse no papel que lles corresponde. Despois de analizar este problema detectamos que, en parte, débese a que non son conscientes en todo momento da cor do sombreiro que están a usar, xa que non o poden ver.

Despois de darlle unha volta, desde o equipo de Designthinking.gal desenvolvemos unha solución moi eficaz e moito máis inmersiva: as seis lentes para pensar. 🙂

Tras anos utilizándoas o feedback por parte dos nosos alumnos é moi positivo, xa que achegan unha mellora a nivel de experiencia e axudan moito a aqueles participantes que máis lles custa realizar este xogo de roles.

Como dicimos sempre, as técnicas de creatividade están pensadas para xerar ideas ou, neste caso, analizar puntos de vista diferentes, por tanto non podemos ser  dogmáticos nin pechados a realizalas só da forma que se supón que é a correcta, seriamos moi incoherentes.

Tanto esta como o resto de técnicas creativas temos que adaptalas da mellor maneira posible aos nosos equipos de traballo para obter os mellores resultados e tendo sempre presente a problemática para resolver.

Foto de portada: Meraviglioso.guru

Leave a Reply

Skip to content